O Forum Metropolitano acollerá as proxeccións de 5 filmes, do 1 ao 3 de decembro, dentro do seu ciclo de cine Dereitos Humanos.
Para público en general
Desde el 01/12/2022 hasta el 03/12/2022
Ya ha finalizado
Cines Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde, ata completar a capacidade da sala.
A ONGD Agareso organiza esta cita, co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Coruña.
forum@coruna.es
O Cinema Rabudo naceu en 2021 co fin xerar un espazo de encontro para o audiovisual crítico e inconformista e incitar o debate e a reflexión sobre problemáticas sociais de actualidade. Este ano, continuamos coa segunda edición mantendo unha aposta forte por proxectar documentais sociais, pero de alta factura técnica. Feminismos, migracións e refuxio ou a situación do Sáhara occidental son algúns dos temas que se tratan nas cinco pezas que se proxectarán entre o 1 e o 3 de decembro no Forum Metropolitano.
A Mostra, organizada por Agareso -Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social- ademais da proxección dos filmes, tamén contará coa participación presencial da maioría das autoras e autores das obras, con quen o público terá a oportunidade de charlar ao rematar as pezas.
O primeiro día da Mostra, xoves 1 de decembro, O Cinema Rabudo iniciará a súa andaina coa proxección de Limbo, la promesa olvidada. Un documental sobre o maior territorio do planeta aínda por descolonizar: o Sáhara Occidental.
O venres 2 proxectarase en Coruña o documental Nación, que retrata un grupo de ex-traballadoras da fábrica galega de louza Pontesa, que lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical.
A terceira e última xornada de proxeccións, sábado 3, ten dúas sesións. As 17:30h é a quenda das curtas documentais Las Desheredadas e Si ka badu, ka ta biradu. O primeiro aborda a problemática das temporeiras de orixe marroquino que chegan todos os anos a traballar nos campos de cultivo de Huelva, moitas veces baixo condicións de semi-escravitude. O segundo retrata o papel das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago, a ambos os dous lados da corrente migratoria.
Pechará a II Mostra Galega de Audiovisual Inconformista, o sábado 3 as 20:00 h, o documental El Retorno: la vida después del ISIS, a historia dun grupo de mulleres occidentais atrapadas polo seu pasado como membros do ISIS. A súa partida encheu titulares de todo o mundo; agora, a súa loita polo retorno volveu a invadilos. Demonizadas polos medios de comunicación de todo o mundo, contan os súas desgarradoras historias por primeira vez neste documental de acceso único.
PROGRAMA
Limbo, la promesa olvidada (España, 51'). Un documental sobre o maior territorio do planeta aínda por descolonizar: o Sáhara Occidental.
Nación (España, 92'). Un documental que retrata un grupo de ex-traballadoras da fábrica galega de louza Pontesa, que lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical.
Las Desheredadas (España, 19). Un documental que aborda a situación de miles de mulleres que chegan a España cada ano a traballar nos campos de cultivo de Huelva. Temporeiras de orixe marroquí contratadas baixo a Orde Gecco, a través do Goberno de España, que sofren constantes abusos laborais e sexuais.
Si ka badu, ka ta biradu (España, 55). Documental que retrata o papel das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago, a ambos os dous lados da corrente migratoria.
El Retorno: la vida después del ISIS (España, 90'). Tras o seu aclamado documental Comandante Arian, Alba Sotorra regresa ao Kurdistán para seguir a un grupo de mulleres occidentais atrapadas polo seu pasado como membros do ISIS. A súa partida encheu titulares de todo o mundo; agora, a súa loita polo retorno volveu a invadilos. Demonizadas polos medios de comunicación de todo o mundo, contan os seus desgarradoras historias por primeira vez neste documental de acceso único.
Actividades relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible