Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público 2023: WOMBO COMBO de Galeatro

Sara odia a súa vida, ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real non lle vai nada ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría.

A quen vai dirixido?:

Dirixida a público familiar a partir de 6 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

22/04/2023

Xa rematou

Horario:

18:00 h 

* Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €;

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.

E DESPOIS DO ESPECTÁCULO

Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas, e ten éxito, e é imbatible nas loitas. Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir. Ata que entra nun videoxogo novo: "Revamp", onde unha misteriosa voz en off  vai propoñéndolle retos que debe cumprir na vida real se non quere sufrir as consecuencias.

A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non é posible unha vida sen a outra.

FICHA ARTÍSTICA:

Intérpretes: Alba Bermúdez, Tone Martínez e Mario Rodríguez

Autoría: Paula Carballeira

Dirección: Davide González

Escenografía e vestiario: Anahí Taraburelli

Deseño de son e iluminación: Davide González

Teatro con máscaras. https://www.youtube.com/watch?v=n9fN8wDTtiE

Duración: 50 minutos

Idioma: en galego.

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Forum: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión