Conferencia de Ramsés Pérez, que fará unha aproximación ao patrimonio natural dos valados; falará dos seus beneficios ecosistémicos e da diversidade natural.
Para público en xeral
Para público en general
19/05/2022
Ya ha finalizado
19:00 h na aula 9 do Centro Ágora
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
Ramsés Pérez, licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, é coordenador dos Programas e Proxectos de Educación Ambiental de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) dende o ano 2000. Ten levado adiante iniciativas de divulgación e recuperación de valados con voluntariado ambiental.
"Os valados son elementos patrimoniais ben coñecidos dende o punto de vista cultural e paisaxístico pero cunha faciana descoñecida, a súa función ecolóxica. O grupo de seres máis característico en relación ás pedras son os liques, organismos indicadores da calidade ambiental, xa que a súa diversidade está directamente relacionada coa contaminación atmosférica.
Nos muros de pedra seca sitos en lugares lixeiramente húmidos, como sucede en moitos lugares de Galiza, son comúns os musgos e pequenos fentos. Hai unha grande cantidade de plantas de pequeno porte que tamén medran nestas paredes.
Así mesmo, nos valados de pedra refúxianse e crían insectos que son depredadores naturais de especies que poden converterse en pragas para os cultivos ou o gando, xogando un importante papel no seu control. Réptiles como o lagarto das silvas, presente no Anexo II da Directiva Hábitats, son tamén habituais do valados, e varias especies de paxaros e mamíferos aproveiran as fendas para facer niños e sacar adiante a prole.
Alén, da biodiversidade que acollen, os valados de pedra seca achegan numerosos beneficios ecosistemicos; desempeñan un papel esencial na prevención de corrementos de terras, inundacións, avalanchas, e na loita contra a erosión e desertización dos terreos, na mellora da biodiversidade e na creación de condicións propicias para a agricultura."
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible