Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
CURSO 2020/2021
A oferta escolar dos Museos Científicos Coruñeses para este curso adaptarase en todo momento ás circunstancias sanitarias derivadas da pandemia de Covid-19.
Normas xerais para as visitas presenciais
Casa das Ciencias presencial
Normas
Oferta
O acceso á Casa das Ciencias estará limitado ao seu planetario con sesións ás 10.30 h, 12.30 h, 14.30 h e 16.30 h, que se adaptarán ao grupo escolar asistente.
Casa das Ciencias virtual
Visita a Casa das Ciencias sen saír da clase a través da plataforma Google Meet.
> Visita virtual á exposición «Puro swing»
Domus presencial (suspendida temporalmente)
Normas
Oferta
O acceso á Domus estará limitado a un programa de talleres no Laboratorio aberto e o espazo maker@domus.
>> LABORATORIO ABERTO
1. Como se desenvolven os fármacos?
Participa na síntese dun novo fármaco que se está investigando para tratar a enfermidade de Parkinson.
2. Atapuerca + Diseccións
Dous talleres simultáneos para realizar en grupos desdobrados:
- Atapuerca: para converterse nun artista prehistórico e coñecer os materiais, técnicas e temas favoritos dos nosos antepasados.
- Diseccións: tras asistir a unha disección en directo dun corazón de porco, cada alumno/a diseccionará unha flor.
>> ESPAZO MAKER@DOMUS
1. robots_garabateadores@domus. Inventa o teu propio dispositivo de motor que se move das formas máis inesperadas e debuxa garabatos incribles. Constrúeo con elementos moi sinxelos e un motor que, ao vibrar, fai que o robot se mova pintando curiosos trazos.
2. circuitos@domus. Experimenta con baterías, lámpadas, timbres, interruptores, e moitos outros compoñentes eléctricos, para comezar a comprender o mundo da electricidade. Crea conexións eléctricas entre obxectos cotiáns e descubre outras moi sorprendentes.
Domus virtual
Visita a Domus sen saír da clase.
> Directos desde o Laboratorio aberto
(A oferta de diseccións podería variar segundo a dispoñibilidade dos elementos para diseccionar.)
> Visita virtual á exposición «Bocados»
Aquarium Finisterrae presencial
Normas
Oferta
Visita ás salas de exposicións, onde se deshabilitaron os elementos interactivos, e asistencia a actividades, que poden incluír a alimentación das focas ou a dos peixes da sala Nautilus. As entradas dos grupos serán ás 10.00 h, 12.00 h, 14.00 h e 16.00 h.
Aquarium Finisterrae virtual
> Visita o Aquarium Finisterrae sen saír da clase.
Prezos
As visitas virtuais son gratis para todos os grupos escolares que as reserven.
As visitas presenciais teñen os seguintes prezos:
> Cota especial*
*Cota especial só para grupos con reserva previa nalgún destes casos:
> Tarifa reducida
Os grupos escolares sen cota especial, pero con reserva, teñen tarifa reducida:
Planetario: 1 €
Domus: 1 €
Aquarium Finisterrae: 4 €
> Gratis total
En ningún caso pagan entrada:
> Xornadas de portas abertas
Os tres museos son gratuítos estes días do curso 2020/2021:
Onde comer?
Traede a vosa comida ao picnic da Domus. Haberá unha quenda de luns a venres ás 14.00 h para unha capacidade máxima de 30 persoas. Este servizo de comedor da Domus pode utilizarse aínda que non se visite o museo (se se visita a Casa das Ciencias e/ou o Aquarium Finisterrae) sen ningunha taxa adicional.
Como reservar?
1. Escolle as visitas e/ou actividades, presenciais ou virtuais, que queres levar a cabo co teu grupo escolar nos Museos Científicos Coruñeses.
2. Cubre a folla de reserva que podes descargar ao final desta páxina web (dispós dunha folla de reservas para as actividades presenciais e doutra para as virtuais).
3. Envíanos a folla de reserva cuberta a través dalgún destes medios:
> Importante
A reserva só quedará formalizada cando comuniquemos a confirmación do número exacto de prazas reservadas, a data ou datas de visita e o programa detallado.
> Máis información:
Teléfono: 981 189 848
Correo electrónico: reservas@casaciencias.org
29 de decembro de 2020
A exposición «Ceos galegos» presenta unha colección de fotografías do ceo nocturno e diúrno tomadas en diversos enclaves galegos.
26 de decembro de 2020
— A xornada comezará ás 15 horas e finalizará ás 18.30 h coa entrega de premios.
21 de decembro de 2020
A Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae estarán abertos todos os días excepto o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible