Concello da Coruña

Concello da Coruña

Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias é un museo interactivo do servizo municipal Museos Científicos Coruñeses que abriu as súas portas o 1 de xuño de 1985.

Situada nun palacete dentro do parque de Santa Margarida, conta cun planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.

EXPOSICIÓNS

> A TRAVÉS DO JAMES WEBB

Exposición fotográfica con nove imaxes extraordinarias tomadas polo telescopio espacial James Webb, nas que é posible observar, por exemplo, o nacemento dunha estrela no centro dunha nube de gas e po ou unha perspectiva de Xúpiter na que se aprecian as súas características franxas horizontais, os seus aneis ou os seus satélites.

> FÍSICA EN ACCIÓN

Xoga, sinte, imaxina, pensa, sorrí, soña... Experimenta cos módulos interactivos do primeiro piso, e esperta a túa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas senón facerse preguntas: pódese baixar unha costa cara arriba?, como se moven as dunas?, que tamaño pode acadar unha pompa de xabón?

> PURO SWING

A exposición Puro swing é unha colección de quince módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Sube a unha randeeira diferente, comprende o segredo do botafumeiro, mira como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubre como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.

> A ASTRONOMÍA COMO CHA CONTAN

A astronomía como cha contan é unha exposición sobre a forma en que os medios de comunicación tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do Sistema Solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida dos astronautas no espazo.

> PARQUE

As sorpresas da Casa das Ciencias traspasan as súas paredes e invaden o Parque de Santa Margarida. Proba a mover unha bóla de granito de 1.500 quilos cunha soa man ou sentar xunto a unha maceira clónica da de Newton, o que o inspirou para descubrir a lei da gravidade.

PLANETARIO

Viaxa no espazo e no tempo no planetario da Casa das Ciencias grazas aos seus proxectores dixitais, que nos trasladan con gran realismo ata os confíns do universo, e grazas ao seu proxector analóxizo Zeiss, que reproduce a noite estrelada para descubrir todos os astros que se poden observar a primeira ollada.

>> As entradas para asistir ao planetario da Casa das Ciencias só se poden adquirir na recepción do museo o mesmo día da sesión.

CARTELEIRA 

Luns a venres

  • 18.00 h. Programa en directo sobre o ceo desta época do ano (está sesión ofrecerase só cando non haxa un grupo escolar).

Sábados, domingos e festivos:

  • 11.30 h: Lévame á Lúa (+ 10 anos, galego) (excepto o último sábado do mes)*
  • 13.00 h: Más allá del Sol (6-12 anos, castelán)  (excepto o último sábado do mes)*
  • 17.00 h: Hazelnuts, en busca del planeta perfecto (de 4 a 7 anos, castelán)
  • 18.00 h: Programa en directo sobre o ceo desta época do ano (+10 anos, cast./gal.) (Excepto sábado 16 e domingo 17 de marzo)

SEMANA SANTA (do 23 de marzo ao 1 de abril):

As persoas menores de 4 anos non poden acceder ao planetario.

* Os últimos sábados do mes hai dúas sesións especiais en directo gratis. (Excepto o sábado 30 de marzo, que a sesión trasládase ao sábado 6 de abril)

(As proxeccións comezan á hora indicada polo que pedimos máxima puntualidade. Unha vez empezada a sesión non é posible acceder ao planetario).

HORARIO

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10.00 a 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 a 19.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10.00 a 19.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10.00 a 20.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10.00 a 19.00 h*

24 de decembro: 10.00 a 14.00 h*

31 de decembro: 10.00 a 14.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

25 de decembro: pechado

ENTRADAS

>> As entradas para visitar as exposicións e o planetario da Casa das Ciencias adquírense na recepción do museo.

> Xeral: 2,06 euros. Suplemento de Planetario: 2,06 euros

> Reducida*: 1,03 euro. Suplemento de Planetario reducido*: 1,03 €

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación do documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación do documento acreditativo.

> Gratis

  • Festivos locais do Concello da Coruña (13 de febreiro e 24 de xuño de 2024, con reserva previa de entradas só para as sesións do Planetario)
  • Día da Ciencia na Rúa (4 de maio de 2024, con reserva previa de entradas para as sesións do Planetario)
  • Día dos Museos (18 de maio de 2024, con reserva previa de entradas para as sesións do Planetario)
  • Semana da Ciencia (do 9 ao 17 de novembro, con reserva previa de entradas para as sesións do Planetario)
  • Persoas con discapacidade
  • Menores de 4 anos
  • Guías turísticos/as no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación do carné acreditativo.
  • Persoal docente, debidamente acreditado
  • Estudantado da Universidade da Coruña, tras a presentación do carné acreditativo
  • Xornalistas, debidamente acreditados/as
  • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
  • Membros da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

> Bono Tres Casas: 12,36 euros

  • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo). É necesario conservar o bono en perfecto estado.

> Tarxeta Vente: 20,60 euros

> Tarxeta Vente Mini*: 10,30 euros

*Menores de 16 anos e maiores de 65

  • Tarxetas VenteVente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta dende a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen. Á venda na recepción dos tres museos.

VISITAS ESCOLARES

Se nos queres visitar cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión