Obradoiro - Agrupación de voz e percusión tradicional
Para público en xeral
Dende o 08/09/2022 ata o 22/06/2023
Xa rematou
Escola Municipal de Música da Coruña. Rúa Torre 67. 15002 A Coruña
Queres cantar e tocar coma as Tanxugueiras e formar un grupo de percusión tradicional con arranxos musicais de voces e percusións complexos e divertidos? O fenómeno eurovisivo non é illado, vén xestándose desde hai anos, grazas a grupos e solistas como Mercedes Peón, Mayalde, Coetus, Xabier Díaz, Xurxo Fernandes, Rodrigo Cuevas, El Naan, Xisco Feijoó etc; que veñen traballando as percusións tradicionais e as vogais desde unha perspectiva moderna e actualizada.
Abrimos agora este taller dedicado ás voces e ás percusións tradicionais. O taller estará comprendido como unha agrupación na que se traballarán simultaneamente as voces de tradición oral, acompañadas de diferentes instrumentos de percusión tradicionais, durante todo o curso, con vistas a posibles actuacións e colaboracións con outras agrupacións da Escola Municipal de Música.
Día e hora: venres das 18.30 ás 19.30 horas
Duración: todo o curso
(Número de prazas: máximo de 15)
Inscrición: envía un correo a: jefaturaem@coruna.gal
Dende o 29/04/2024 ata o 10/05/2024
08/05/2024
TELÉFONO: 981 226 752
CORREOS ELECTRÓNICOS:
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal
Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas
Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
Administración: das 09.00 ás 21.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible