MATRÍCULA:
MATRÍCULA | TARIFA |
---|---|
XERAL | 69,52 € |
A taxa de matrícula unicamente ten carácter de reembolsable nos seguintes casos:
- que se aboou por erro, pódese acoller á exención por irmás ou irmáns menores de 18 anos e empadroados/as no Concello da Coruña.
- ou que por causas imputables á Escola Municipal de Música, o centro non puidese ofrecer o servizo.
Para proceder á súa devolución, é necesario cubrir o seguinte documento: Instancia xeral,
no que é necesario indicar:
- o motivo que xera a dita solicitude
- IBAN completo onde se quere recibir o ingreso do importe correspondente
- achegar o xustificante do ingreso de matrícula.
Como calquera trámite administrativo co centro, pódese realizar de forma presencial, ou ben a través da Sede electrónica do Consorcio para a Promoción da Música.
MENSUALIDADES:
MENSUALIDADES | ESPECIALIDADES | TARIFAS |
---|---|---|
MÚSICA E MOVEMENTO | Sen práctica instrumental | 44,25 € |
Con práctica instrumental* | 56,08 € | |
XERAL | Linguaxe musical, agrupación e instrumento | 56,61 € |
TALLERES | Obradoiros durante o curso | 24,70 € |
* Unicamente poderá elixir instrumento o alumnado que formalice a súa matrícula interna e cumpra 6 ou 7 anos antes do 31 de decembro de 2022.
Consulta a ORDENANZA MUNICIPAL DE TAXAS ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
EXENCIÓN DE MATRÍCULA E REDUCIÓN DE TAXAS:
Exención de matrícula:
Aqueles irmáns ou aquelas irmás menores de 18 anos e empadroados/as no Concello da Coruña aboarán unha soa matrícula de 69,52 euros.
Redución de taxas:
A quen vai dirixido: alumnado menor de 18 anos ou persoas xubiladas, empadroados/as no Concello da Coruña, con ingresos anulares netos menores de 3.971 € por cada membro da unidade familiar.
Soamente se aplicarán ao plan de estudos ata 3 horas á semana.
Taxas reducidas:
Documentación que hai que entregar:
Nos casos de situacións familiares distintas das expostas, ou de dubidosa concreción, poderase solicitar documentación complementaria.
Estes documentos que se solicitan teñen que ser orixinais, e en ningún caso poden ser substituídos por copias.
Períodos de entrega da documentación:
A documentación haberá que entregala de forma presencial nas oficinas da Escola Municipal de Música ou ben a través da Sede electrónica do Consorcio.
Como presentar a documentación:
- de forma presencial nas oficinas da Escola: xunto coa documentación requirida, é necesario traer debidamente cuberta a instancia de solicitude correspondente. Deixámosvos aquí a ligazón: DESCARGAR.
- ou ben pola Sede electrónica do Consorcio. Neste caso o trámite para realizar electronicamente, está catalogado como "Instancia Xeral (Escola Municipal de Música)". Lembrade que é imprescindible achegar a documentación necesaria para a solicitude de redución de taxas.
Nota importante:
Unha vez que se presente toda a documentación e sexa examinada polo órgano competente do Consorcio para a Promoción da Música, comunicarase a súa concesión ou desistimento.
Tras a resolución e comunicación da aceptación da reducción de taxas, devolveranse as cantidades aboadas de máis, ata a data, e será de aplicación no seguinte recibo bancario.
Dende o 20/02/2023 ata o 22/02/2023
A escola permanecerá pechada durante os días de Entroido.
Dende o 20/03/2023 ata o 24/03/2023
2.ª avaliación na Escola Municipal de Música da Coruña
Dende o 03/04/2023 ata o 10/04/2023
A escola permanecerá pechada durante a Semana Santa.
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal
Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas
Lectivo: das 16.30 ás 21.30 horas.
Administración: das 09.00 ás 21.00 horas.
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible