Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Xestión

A Escola Municipal de Música créase na sesión plenaria do Excmo. Concello da Coruña o 20 de abril de 1998. Xorde ao amparo da Orde do 11 de marzo de 1993 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das Escolas de Música e Danza en Galicia.

A xestión do centro adxudícaselle ao Consorcio para a Promoción da Música, por acordo da Comisión de Goberno do 16 de xullo de 1998, como resultado do concurso público convocado para este efecto.

A Escola foi inaugurada o 22 de novembro de 1998 polo alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, e iniciou nese momento a súa actividade académica.

A modalidade de xestión elixida polo concello foi a de concerto para a xestión dun servizo público, que resulta ideal para este tipo de centro debido principalmente a dúas cuestións:

  • Dota o centro da necesaria independencia organizativa que permite unha xestión rápida, eficaz e acorde ás necesidades.
  • Proporciona unha tutela permanente do concello sobre a escola, ao adxudicarse a súa xestión a unha institución de elevada participación municipal, o Consorcio para a Promoción da Música. Este organismo autónomo municipal xestiona ademais a Orquestra Sinfónica de Galicia, así como o Festival Mozart, o Festival Lírico, a Escola de Práctica Orquestral, os Coros da Sinfónica etc.

Enderezo: Glorieta de América (Pazo da Ópera) 3. 15004 A Coruña

Web: Orquestra Sinfónica de Galicia

Teléfono: 981 252 021

Fax: 981 277 499

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión