ÁREA DE MÚSICA E MOVEMENTO (de 4 a 7 anos)
Contido:
Nesta área introdúcese o alumnado máis pequeno na aprendizaxe da música desde un enfoque lúdico, auditivo e intuitivo, ademais de poñer en valor a educación inclusiva e a solidariedade entre o grupo. A metodoloxía empregada da EMM baséase nunha práctica grupal con instrumental Orff, particularmente xilófonos e metalófonos cromáticos, fomentando así a creatividade e o desenvolvemento das aptitudes de todo o alumnado.
Horarios:
De luns a xoves, en horario de 16:30 a 19:30 horas.
As clases terán unha hora de duración, e escolleranse dous días á semana.
Práctica Instrumental:
O alumnado que cursase polo menos un ano de Música e Movemento connosco, e cumpra 6 ou 7 anos antes do 31 de decembro de 2022, poderá acceder a unha hora de práctica instrumental, naqueles instrumentos nos que exista vacante, e seguindo os criterios de adxudicación establecidos.
Matrícula:
Poderá realizala en Música e Movemento, o alumnado que cumpra de 4 a 7 anos, antes do 31 de decembro do 2022.
ÁREA XERAL (de 8 anos en diante): Clásica, Tradicional, Jazz e Moderna
Contido:
AGRUPACIÓN: a materia de Agrupación céntrase na interpretación en grupo de diverso repertorio onde o alumnado poida desenvolver os coñecementos adquiridos co seu instrumento fomentando o traballo en equipo e a solidariedade entre todas as persoas compoñentes, motivando a improvisación e a creación propia e sendo un marco exemplificativo de inclusión.
INSTRUMENTO: na especialidade de Instrumento traballarase de maneira progresiva a técnica, adaptándose sempre ao nivel do alumnado e reforzando a lectura musical sen esquecer que o alicerce fundamental sobre o que traballa a EMM é a práctica en grupo.
LINGUAXE MUSICAL: como o seu propio nome indica nesta materia abordaremos os contidos e ferramentas necesarias para comprender e gozar de toda a linguaxe que integra a música: lectura melódico-rítmica, educación auditiva e vocal, harmonía, improvisación, análise...
Instrumentos:
Acordeón, Canto clásico, Canto moderno, Clarinete, Frauta, Saxofón, Gaita, Percusión latina, Percusión tradicional (só venres), Batería, Guitarra clásica, Guitarra eléctrica, Baixo eléctrico, Piano, Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo.
Horarios:
Opción 1 (de luns a xoves)
Opción 2 (só os venres)
TALLERES
O alumnado que queira asistir realizará unha entrevista previa coas persoas responsables do taller
Dende o 20/02/2023 ata o 22/02/2023
A escola permanecerá pechada durante os días de Entroido.
Dende o 20/03/2023 ata o 24/03/2023
2.ª avaliación na Escola Municipal de Música da Coruña
Dende o 03/04/2023 ata o 10/04/2023
A escola permanecerá pechada durante a Semana Santa.
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal
Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas
Lectivo: das 16.30 ás 21.30 horas.
Administración: das 09.00 ás 21.00 horas.
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible