Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Historia da escola

A Escola Municipal de Música da Coruña inaugurouse o 22 de novembro de 1998. A súa finalidade foi a de achegar todo tipo de música á cidadanía do municipio e dos seus arredores.

Cada anos estudan na escola máis de setecentas/os alumnas/os maiores de 4 anos con diferentes intereses, gustos musicais e capacidades, aínda que coas mesmas ganas de aprender música á vez que se divirten.

No mes de xullo do ano 2000 realizouse o primeiro Seminario de Jazz Cidade da Coruña organizado polo centro co obxectivo de crear un espazo de encontro de destacados profesionais nacionais e estranxeiros con persoas afeccionadas e músicas/os locais.

A partir do ano 2001 comezáronse a ofrecer concertos fóra da escola e mostrarlle ao público o aprendido nas aulas polo alumnado, dándolles a oportunidade de tocar en directo. A Escola Municipal de Música levounoss a tocar a un gran número de centros, teatros e auditorios da Coruña e de Galicia. Pero as súas ganas de ensinar a súa música non se acaban aí, xa que foron tocar a escenarios de diversas cidades de España e do estranxeiro como Portugal e Inglaterra. En total presentaron aredor de seiscentos concertos de música moderna, clásica e tradicional.

Ademais destas actuacións, a escola anima e impulsa o seu alumnado a participar en certames e concursos convocados polas institucións para fomentar o desenvolvemento da música. Algúns exemplos pode ser a participación do alumnado de Música Tradicional no Concurso de Música Tradicional Xiradela ou a da Jazz Ensemble na Mostra Musical Eixo Atlántico.

A escola proponse catro obxectivos básicos:

  • Conseguir a máxima participación cidadá no maior número posible de estilos musicais.
  • Achegar a música a todos os sectores sociais.
  • Prestar o soporte e a guía necesaria para a aprendizaxe e a valoración crítica da música.
  • Seguir o lema da Unión Europea de Escolas de Música "Música para todos"

É un centro de ensinanzas non regradas que, por tanto, dispón de autonomía para deseñar a súa organización educativa e administrativa, tendo presentes as condicións socioeconómicas e culturais da súa contorna.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión