Este imposto grava a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable ou, se é o caso, a obtención da correspondente licenza de obras.
Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización das seguintes obras:
- Obras de nova planta ou de demolición
- Obras no exterior ou interior de edificios
- Aliñacións e rasantes
- Fontanería e rede de sumidoiros
- En xeral, calquera obra que requira presentación de comunicación previa, declaración responsable ou licenza urbanística
Son obrigados tributarios deste imposto as persoas físicas ou xurídicas que sexan donos da obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice esta. No caso de que a obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de substitutos del quen presente unha comunicación previa ou responsable ou, se é o caso, soliciten as correspondentes licenzas.
A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame. A base impoñible está constituída polo custo real e efectivo da obra, e enténdese por este o custo de execución material. O tipo de gravame será o 4%.
Outros trámites
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible