Concello da Coruña

Concello da Coruña

Imposto sobre o incremento do valor dos terreos

O Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía) é un imposto municipal directo e de carácter potestativo que grava a transmisión de calquera dereito real de goce limitativo do dominio dun terreo de natureza urbana.

Feito impoñible:

Constitúe o feito impoñible do imposto o incremento de valor que experimenten os terreos de natureza urbana e que se poñan de manifesto como consecuencia da transmisión da súa propiedade por calquera título.

Obrigado tributario:

Nas transmisións de terreos a título lucrativo (sucesión mortis causa, doazón, achega), é obrigado tributario o adquirente do terreo. En caso de transmisións a título oneroso (compravenda, permuta), o suxeito pasivo será o que transmita o terreo.

Tarifas do imposto:

A cota do imposto será a que resulte de aplicar á base impoñible o tipo do 17,33%.

A base impoñible está constituída polo incremento do valor dos terreos posto de manifesto no momento da devindicación e experimentado ao longo dun período máximo de vinte anos, e segundo o valor catastral do solo que teña no momento da transmisión. Os coeficientes e as porcentaxes que hai que ter en conta para o cálculo da base impoñible detállanse na Ordenanza fiscal núm. 53, reguladora do imposto.

Beneficios fiscais:

EXENCIÓNS

Están exentos deste imposto os incrementos de valor que se manifesten a consecuencia dos seguintes actos:

- A constitución e transmisión de dereitos de servidume.

- As transmisións de bens que se atopen dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico-Artístico, ou fosen declarados individualmente de interese cultural, segundo o establecido na Lei 16/85, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Así mesmo están exentos deste imposto, entre outros:

- O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais ás que pertenza o municipio, así como os organismos autónomos do Estado e as entidades de dereito público de análogo carácter das comunidades autónomas e das devanditas entidades locais.

- O Concello da Coruña e as entidades locais integradas ou nas que se integre, así como as súas respectivas entidades de dereito público de análogo carácter aos organismos autónomos do Estado.

- As institucións que teñan a cualificación de benéficas ou benéfico-docentes.

BONIFICACIÓNS

- Aplicarase unha bonificación na cota íntegra do imposto nas transmisións realizadas a título lucrativo por causa de morte, en relación coa vivenda habitual, a favor dos descendentes e adoptados, os cónxuxes e os ascendentes e adoptantes. A bonificación terá carácter rogado e será de acordo cos seguintes tramos, en base ao nivel de renda da unidade familiar do suxeito pasivo no último exercicio declarado:

a) Rendementos iguais ou inferiores ao IPREM: bonificación do 95%

b) Rendementos superiores ao IPREM e ata o dobre do IPREM: bonificación do 30%

c) Rendementos superiores ao dobre do IPREM: bonificación do 20%

- Entenderase por vivenda habitual aquela unidade urbana de uso residencial na que residise habitualmente o causante na data de falecemento, e presumirase como tal aquela na que figure empadroado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión