Concello da Coruña

Concello da Coruña

Novo calculo de iivtnu (plusvalia)

O Real Decreto-lei 26/2021, de 8 de novembro, polo que se adapta o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, á recente xurisprudencia do Tribunal Constitucional respecto do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana (BOE número 268 de 9 de novembro) establece que o sistema obxectivo de determinación da base impoñible do imposto convértese nun sistema optativo, permitindo ao suxeito pasivo optar por unha fórmula alternativa o cal poderá, acomodar a carga tributaria ao incremento de valor efectivamente obtido.

Xa está dispoñible o trámite da autoliquidación con cota, calculada conforme ao RD LEI 26/2021, DE 8 DE NOVEMBRO para a tramitación mediante cita previa ou solicitude a través dos rexistros públicos correspondentes

Os obrigados tributarios deberán solicitar cita para que se lles realice o cálculo do imposto na constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo do dominio, tanto a título lucrativo como oneroso, realizada/s a partir do 10 de novembro do 2021 (incluído).

Documentos relacionados

  • mod 094 Comunicacion/declaración de transmisión de Inmoble a efectos de Plusvalia (150 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión