Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de julio de 2025

0 día 24 de xullo de hai 500 anos partiu do porto da Coruña unha expedición formada por sete naves, comandada por García Jofré de Loaysa, cun obxectivo específico: chegar ás cobizadas illas das especias, coñecidas na época como as illas do Maluco, hoxe o arquipélago das illas Molucas.

Actividades conmemorativas do V Centenario da expedición Loaysa

A razón desta aventura, que significaba atravesar os océanos Atlántico e Pacífico, estaba ben xustificada polo altísimo valor económico que o cravo, a pementa, a noz moscada e outras especias que se producían naqueles territorios alcanzaban nos mercados europeos.

O monarca Carlos I decidiu que esta armada saíse do porto coruñés polas excelentes condicións que ofrecía, xa que podía acoller barcos de gran tonelaxe, e porque na cidade podían instalarse as industrias precisas para abastecelos.Os nobres galegos xa solicitaran o privilexio de que A Coruña controlase o comercio das especias, petición presentada ao monarca en 1520, durante a asemblea que tivera lugar en Melide e, dous anos máis tarde, o 24 de decembro de 1522, Carlos I asinou a desexada Cédula de creación da nova Casa de Contratación. Esta nova institución debía organizar e centralizar en exclusiva o comercio das especias, exercendo un papel similar ao que exercía a Casa de Contratación de Sevilla para o comercio con América.

Para a cidade, esta concesión significaba abrir inmensas expectativas de crecemento económico, de atracción de capital foráneo, de incremento do peso político da Coruña e de Galicia no conxunto dos reinos peninsulares.

A Casa de Contratación comezou cos preparativos para organizar as flotas que deberían chegar ás Molucas, controlalas e explotalas. A cidade bulía co aumento das actividades necesarias para construír e abastecer as naves: carpinteiros, ferreiros, panadeiros...Ao tempo, achegábanse numerosos banqueiros, comerciantes e emprendedores de todo tipo procedentes de moitas partes do reino.Das varias expedicións que saíron da Coruña, cómpre destacar a que agora conmemoramos: a formada por unhas 450 persoas e sete embarcacións: catro naos de gran tonelaxe ―Santa María de la Victoria, a capitana, dirixida por García Jofré de Loaysa; a Sancti Spiritus, con Juan Sebastián Elcano á fronte; Anunciada, con Pedro de Vera e San Gabriel, con Rodrigo de Acuña―, dúas carabelas ―Santa María del Parral, dirixida por Jorge Manrique de Nájera e San Lesmes, por Francisco de Hoces― e o patache Santiago que dirixía Santiago de Guevara.

O 24 de xullo de 1525, a expedición partiu da Coruña. A medida que ía avanzando, foron xurdindo numerosas dificultades de todo tipo: tempestades que provocaron danos irreparables nas naves, desercións, falecementos dos principais dirixentes (Loaysa o 30-07-1526 e Elcano 5 días máis tarde, o 04-08-1526), o inferno de cruzar o interminable Estreito de Magallanes... As esperanzas de alcanzar o obxectivo ían diminuíndo e os soños acabaron case en pesadelo.

Unicamente a nao capitana chegou ás Molucas, unhas illas nas que xa estaban os portugueses desde había uns anos, e comezaron as hostilidades entre ambos, unha guerra que rematou cando intereses políticos superiores levaron o monarca a vender ao veciño Portugal as cobizadas illas Molucas en 1529 por 350.000 escudos de ouro, rematando así coas enormes expectativas xeradas coa concesión da Casa de Contratación para A Coruña.

Pero non todo foi fracaso e o tempo demostrou que desta expedición deben lembrarse, ademais, outros dous feitos moi significativos: que algúns dos supervivintes da expedición Loaysa foron os segundos navegantes en dar a volta ao mundo retornando a España en 1536, e que a experiencia adquirida por un dos membros da tripulación da Sancti Spriritus, Andrés de Urdaneta, permitiu establecer unha nova ruta comercial sen precedentes comunicando tres continentes (Asia-América-Europa) durante douscentos cincuenta anos (1565 a 1815). Era a ruta coñecida como a Tornaviaxe, Galeón de Manila, Galeón de Acapulco ou Nao da China.

Cantos galegos ían na expedición Loaysa? Os galegos foron o segundo grupo máis numeroso da expedición Loaysa, despois dos vascos: 53 identificados, de todos os oficios (contramestres, mestres, mariñeiros, grumetes, calafates, carpinteiros, lombardeiros, toneleiros...). Ningún deles regresou porque morreron durante a expedición ou quedaron nas Molucas.

Ademais, tamén partiron desde A Coruña persoas escravizadas entre as que podemos destacar dúas mulleres: María, escrava do comendador Loaysa -posiblemente musulmá convertida ao cristianismo, a primeira muller que atravesou o estreito de Magallanes e cruzou o océano Pacífico embarcada na Victoria- e quizais Margarita, escrava india do capitán da San Gabriel, Rodrigo de Acuña, e un lingua ou intérprete, «Tristán de la China», de 12 anos, escravo de Cristóbal de Haro, que se convertería no primeiro asiático en dar a volta ao mundo, retornando a España en 1537.

Cantos supervivintes da expedición Loaysa regresaron a España e culminaron a segunda circunnavegación ao mundo? Unicamente 9, entre eles «Tristán de la China».

A lembranza daquela expedición e o que se esperaba dela debe ser recoñecida nesta cidade como un dos acontecementos de maior relevancia na historia da Coruña no século XVI.

Así, o Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses, non podía deixar de conmemorar a partida daquela armada que, aínda que non acadou o seu obxectivo principal, conseguiu outros non menos significativos: que algúns dos seus participantes fosen os segundos en dar a volta ao mundo e que, grazas aos coñecementos adquiridos durante a navegación na armada de Loaysa, se establecese unha ruta comercial, vixente durante máis de 200 anos, que foi a principal vía de intercambios comerciais entre o Extremo Oriente e Europa a través das colonias españolas de América do Norte.

Dirección:

Calle Durán Loriga 10. 15003 A Coruña

Página web:

https://www.coruna.gal/ijcec/gl

Programa das actividades conmemorativas do V Centenario Loaysa (52 KB)

Documentos relacionados

  • «Todo listo para el homenaje a la segunda circunnavegación al mundo». Carlos Portolés, La Voz de Galicia (165 KB)
  • «Exposiciones y puertas abiertas a buques en el V centenario de la expedición a las Molucas», Miguel Cebrián /A.A, La Voz de Galicia (169 KB)
  • «La fiesta coruñesa de la segunda vuelta al mundo», Á. Abeledo, La Opinión (497 KB)
  • «A Coruña celebra su «año Loaysa» y el buque «Carnota» abre sus puertas», Dani Sánchez, El Ideal Gallego (216 KB)
  • «Así fue la salida de Loaysa hace 500 años:«Parecía que se hundía el cielo», Dani Sánchez, El Ideal Gallego (307 KB)
  • «O buque Carnota réndese ao recordo dos valentes e temerarios de Loaysa», C. Portolés/M. Cebrián (190 KB)
  • «Da Coruña ás Molucas», una expedición sin éxito comercial pero con gran significado para la ciudad herculina. Dani Sánchez, El Ideal Gallego (284 KB)
  • «Enfermedades, bizcochos, pérdidas y éxitos en la segunda vuelta al mundo», Miguel Cebrián/A.A., La Voz de Galicia (261 KB)
  • «Un libro sobre una histórica expedición», Germán Barreiros/Roller Agencia, La Opinión (126 KB)
  • «La expedición de Loaysa: de A Coruña a las Molucas (1525)», José Ricardo Pardo Gato, Fonte Limpa (518 KB)
  • «La Casa de Contratación de la Especiería de La Coruña: orígenes, emplazamiento y funcionamiento (1522-1529)», Carmen Manso Porto (1 MB)
  • «El viento que cambió la navegación», Xavier Fonseca, La Voz de Galicia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión