Espectáculo para a primeira infancia
Familias, Infancia
26/05/2026
Ya ha finalizado
Desde el 22/05/2026 hasta el 26/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Música e baile tradicional mesturado co xogo baseado nas cancións máis coñecidas por todas e todos ("O galo", "A vaca marela", "O verdegaio"...). As familias poden traer percusión miúda (axóuxeres, pandeiretas etc.) para amenizar a festa.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

15 de mayo de 2026
Está instalada en la explanada exterior de acceso al museo

30 de abril de 2026
Será el 9 de mayo en los Jardines de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Se trata de Jinzi, una foca macho procedente del Oceanogràfic de Valencia
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible