Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

10 de marzo de 2017

15 de marzo Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras

A Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras no ano 1983, cuxa celebración conmemora o discurso dado polo presidente John F. Keneddy o 15 de marzo de 1962 para recoñecer as persoas consumidoras como un elemento fundamental dentro do proceso produtivo.

Na Constitución Española de 1978 faise referencia á defensa dos consumidores no artigo 51:

  • Os poderes públicos garantirán a defensa das persoas consumidoras e usuarias.
  • Os poderes públicos promoverán a información e a educación das persoas consumidoras e usuarias, fomentarán as súas organizacións.

Do mesmo xeito a Organización das Nacións Unidas adoptou unhas medidas o 9 de abril de 1985 para que fosen levadas a cabo e protexer deste xeito as persoas consumidoras.

Cada ano o concello a través da OMIC realiza diferentes actividades para concienciar as persoas consumidoras sobre a importancia dun consumo racional, critico, solidario, reflexivo e social.

Actividades 2017

Palestra sobre Sistemas Financeiros Éticos

A OMIC organiza unha palestra sobre sistemas financeiros éticos con motivo da celebración do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras.

O próximo día 15 de marzo, con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras, terá lugar no viveiro empresarial municipal ACCEDE Papagaio unha palestra sobre Sistemas Financeiros Éticos, na que participarán representantes do Colexio Oficial de Avogados da Coruña, de FIAR Banca Ética, ADICAE Galicia, Asociación polo interese Solidario O Peto, e Espazo Coop, da Unión de Cooperativas Galegas.

Tratarán temas como cláusulas chan, comisións financeiras, gastos de formalización de hipotecas....

Data: 15 de marzo

Hora: 19.30 h

Lugar: ACCEDE PAPAGAIO

(Rúa Hospital, 19)

Para máis información poden chamar ao 981 189 820 ou ben consultar o evento en:

www.facebook.com/events/167137060464567/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión