Obxectivo:
Dar a coñecer as principais pautas que determinan a seguridade no consumo de forma que identifiquen claramente todos os produtos non alimenticios que se comercializan no mercado como seguros, evitando riscos para a nosa seguridade. Coñecer os requisitos xerais de seguridade, en particular a etiquetaxe, a documentación técnica e a notificación ás autoridades.
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria
Obxectivos:
Coñecer o material escolar, as súas características e cales son os adecuados para traballar. Identificar o material adquirindo hábitos e precaucións no uso de material escolar, para evitar danos tanto por toxicidade como por posibles danos de elementos mecánicos. Coñecer a etiquetaxe do material escolar e a información obrigatoria.
Descrición:
Nesta actividade ofrecemos información para facer unha compra e un uso responsable do material escolar, para evitar posibles riscos e conseguir unha duración prolongada del.
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Primaria e ESO
Obxectivos:
Adquirir coñecementos sobre os perigos que se poden producir no ámbito doméstico, onde se produce o maior número de accidentes. Analizar os riscos da cociña e o baño como os lugares máis perigosos e de maior risco e as lesións máis habituais que se producen como traumatismos leves (golpes, caídas, cortes...), intoxicacións, queimaduras e afogamentos. Coñecer a información debe figurar nas etiquetas, fichas e pictogramas de seguridade dos produtos de limpeza para coñecer o produto e a súa utilización.
Descrición:
Inicialmente levamos a cabo unha chuvia de ideas para que as propias persoas participantes enumeren posibles riscos cotiáns no fogar. A continuación, e a modo de presentación, completamos esa lista con máis exemplos prácticos e accesibles para o alumnado.
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible