Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
Obxectivos:
Analizar a evolución da publicidade nos medios, espertando no alumnado un sentido crítico para os estereotipos que se utilizan nos anuncios. Coñecer e facer análise do desenvolvemento, uso e abuso da publicidade ilícita. Potenciar unha actitude positiva cara á análise crítica de calquera tipo de publicidade nos diferentes medios.
Descrición:
Nesta actividade mostramos os mecanismos máis evidentes e os máis sutís que a publicidade utiliza para transmitir mensaxes e influenciarnos nas nosas pautas de consumo. Unha vez presentadas de maneira esquemática exemplificámolas con numerosos casos próximos e identificables polo alumnado e finalmente son elas e eles quen deben descubrir tales mecanismos en exemplos cotiáns e actuais, tanto audiovisuais como en papel, internet...
Outros contidos relacionados
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos
Obxectivos:
Coñecer que é unha empresa "verde" nas súas prácticas ou na elaboración dos seus produtos. Explicar en que consiste o "greenwash" ou "greenwashing", que consiste en vender o mesmo produto de sempre cun "lavado de imaxe" que asegura o respecto ao medio ambiente, sen que o seu proceso de produción cambiase ou mellorase, ou tendo en conta unha práctica illada que non ten impacto real no conxunto do proceso.
Descrición:
A través de exemplos prácticos mostramos o fenómeno de "greenwashing" e, sobre todo, axudamos a detectalo e previlo.
Outros contidos relacionados
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria
Obxectivos:
Coñecer os nosos sentidos mediante xogos interactivos. Coñecer, mediante xogos, as diferentes técnicas de merchandising que empregan a estimulación dos nosos sentidos para inducirnos a consumir.
Descrición:
De maneira lúdica privámoslles do sentido da vista ás e aos participantes (con antifaces opacos) para potenciar así os outros sentidos. Desta maneira van pasando por diferentes estacións tales como o oído, o olfacto, o gusto e o tacto, descubrindo novas sensacións. Para acabar explicamos como moitas veces o marketing e as grandes superficies utilizan técnicas baseadas en provocar diferentes "sensacións" para motivar a compra de determinados artigos.
Outros contidos relacionados
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
Obxectivos:
Coñecer a regulación de toda a publicidade que vemos, oímos ou lemos sobre os distintos produtos alimenticios, para poder valorar a información sobre composición ou propiedades dos alimentos. Coñecer que son as declaracións sobre as propiedades nutricionais e saudables que a publicidade fai sobre os alimentos.
Descrición:
En primeiro lugar axudamos a diferenciar o que é publicidade de alimentos e o que debe ser unha etiqueta legal con toda a información necesaria. A continuación e con diferentes casos prácticos descubrimos cales son os principais "trucos" e "trampas" da publicidade dos alimentos. Ademais axudamos a detectar cando esa publicidade é enganosa ou mesmo fraudulenta.
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible