Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de novembro de 2025

A Casa dos Xoguetes da OMIC comparte ilusións este Nadal

A Casa dos Xoguetes 2025 da OMIC

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), pon en marcha unha nova edición de 'A Casa dos Xoguetes', unha iniciativa sustentable que ten como obxectivo fomentar a Economía circular e o consumo responsable convidando ás familias a dar unha segunda vida aos xoguetes durante estas festas do Nadal.

Do 1 de decembro ao 3 de xaneiro, o Espazo de Economía Circular, situado na OMIC (Costa da Palloza, 8), converterase nun lugar de encontro para compartir ilusións. Baixo o lema Cambia de aventura. Comparte a túa ilusión, anímase á cidadanía a achegar aqueles xoguetes que xa non empregan para que outros nenos e nenas poidan gozar deles ao tempo que poderá levar os que mais lle gusten dos expostos que se correspondan co valor dos seus cupóns.

Horario de apertura:

  • De luns a venres: de 11:00 a 18:00 h ininterrompidamente
  • Sábados: de 11:00 a 14:00 h
  • Domingos e festivos: pechado
  • Aperturas especiais: 24 e 31 de decembro, de 11:00 a 14:00 h

Esta campaña promove o consumo responsable e a reutilización, converténdose nunha oportunidade para reflexionar sobre o valor de compartir e o impacto positivo das nosas accións no entorno.

Información importante para participar na Casa dos Xoguetes:

  • Podes doar xoguetes só entre o 1 e o 31 de decembro. Se a tenda se enche demasiado, estas datas poderían cambiar para garantir que todo funcione ben. Anunciaremos antes.
  • O persoal da tenda revisará cada xoguete que se entregue. Eles decidirán se está en boas condicións para ser intercambiado por cupóns e tamén valorarán o tipo de xoguete para asignarlle o número de cupóns correspondente.
  • É unha iniciativa para familias e particulares, non se aceptan doacións de grupos nin colectivos xa que o que se fomenta é a Economía circular.

Actividades para nenos e nenas de 4 a 10 anos

Durante o mes de decembro e ata o 3 de xaneiro, a Casa dos Xoguetes ofrecerá obradoiros creativos e actividades lúdicas. Entre as propostas destacan:

  • Obradoiros de reciclaxe e manualidades: postais de Nadal e de Reis, adornos sostibles, , cápsulas de neve, xardineiras e xogos feitos con refugallo.
  • Actividades lúdicas: contacontos, bingo de Nadal, debuxo colaborativo, scape room e o xogo do agasallo.

Todas as actividades son de balde e a inscrición faise 15 minutos antes do inicio na propia Casa dos Xoguetes. Os días e horarios poden consultarse no documento que se indica a continuación.

Este Nadal, trae os teus xoguetes e dálles unha nova vida.

Cartel e díptico da Casa dos Xoguetes da OMIC 2025 (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión