Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria
Obxectivos:
Tomar conciencia de que para xogar non hai que ter necesariamente un xoguete novo. Ter unha actitude positiva cara á creación de xogos e xoguetes. Aprender a construír xogos e xoguetes baseándonos en materiais de refugallo. Descubrir que fabricar xoguetes pode ser entretido, divertido e útil. Estimular a imaxinación e a creatividade dos nenos e nenas. Poñer en práctica técnicas de reutilización e reciclaxe de materiais entre o estudantado.
Descrición:
Neste taller fomentamos a creatividade animando a que cada participante invente, deseñe e constrúa diferentes xoguetes a partir de elementos e materiais de refugallo. Desta maneira traballamos sobre a idea de que se pode xogar con calquera cousa e ademais contribuímos á formación dunha conciencia máis ecolóxica, sensibilizada na minimización dos residuos.
Outros contidos relacionados
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria
Obxectivos:
Tomar conciencia de que poden xogar sen xoguetes. Aprender xogos sinxelos para o desenvolvemento dos sentidos. Ser conscientes de que para divertirse non son necesarios os xoguetes. Transmitirlles ás e aos menores xogos pedagóxicos que favorecen o seu desenvolvemento físico e psíquico. Capacitar os nenos e as nenas para que inventen os seus propios xogos.
Descrición:
Levamos a cabo unha sesión didáctica conformada por xogos moi divertidos nos que non fai falta ningún tipo de material ou xoguete.
Outros contidos relacionados
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible