Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de octubre de 2025

A OMIC consolida a educación para o consumo con cifras récord no curso 2025/2026. Alimentación saudable e consumo consciente, protagonistas nas aulas coruñesas

A educación para o consumo responsable medra nas aulas da Coruña a través dos programas educativos da OMIC

Éxito rotundo dos programas educativos da OMIC: máis de 9.500 participantes

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), a través do programa Consumo Coruña Educa, pechou o prazo de inscrición nos seus programas educativos para o curso 2025/2026 cunha resposta excepcional por parte dos centros escolares da cidade. Entre o 16 de setembro e o 16 de outubro, os programas "Obradoiros Educativos" e o programa "Visita o teu mercado" acadaron cifras históricas de participación, consolidándose como referentes na educación para o consumo responsable.

Obradoiros Educativos: formación para un consumo consciente

Este programa, clave na promoción de hábitos saudables e sostibles, se solicita por parte dos centros para un total de 8.301 participantes e 394 obradoiros que se desenvolverán ao longo do curso escolar 2025/2026. A temática máis demandada foi "Froitas e verduras", evidenciando o interese crecente por unha alimentación saudable desde idades temperás.

Estes obradoiros fomentan a análise crítica da publicidade, o coñecemento dos dereitos como consumidores e a reflexión sobre o impacto das tecnoloxías no consumo, especialmente na adolescencia.

Programa Visita o teu Mercado

Dirixido ao alumnado de Educación Primaria, este programa promove o consumo responsable e os hábitos saudables na alimentación poñendo en valor os mercados municipais. Participarán uns 1.246 estudantes en 60 visitas xa programadas para todo o curso escolar cubrindo a totalidade das prazas dispoñibles. Ademais, quedaron 21 visitas en lista de agarda, o que reflicte o éxito da iniciativa.

Durante as visitas, o alumnado poderá coñecer produtos frescos, interactuar coas persoas praceiras e reflexionar sobre a importancia do consumo local e sostible.

Todas as actividades xa comenzaron o pasado día 1 de outubro e durarán todo o curso escolar.

A OMIC reafirma o seu compromiso coa educación para o consumo, formando cidadáns e cidadás críticos, responsables e comprometidos co benestar social e ambiental.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión