Espectáculo de inclusión social a través das Artes. Unha visión multidisciplinar do imaxinario de Pablo Picasso. Un percorrido polas etapas artísticas destacadas, desde a súa época realista ata o Guernica. O fío narrativo céntrase no personaxe de Picasso adulto e Picasso neno que están en continua comuñón. No medio de todo isto un Director de Teatro Curioso, e unha infinidade de personaxes das súas obras que cobran vida nunha posta en escena multidisciplinar: danza, teatro, aéreos, música en directo. A Banda Municipal de música de Coruña, a artista e creadora Rebeca Ponte e o dj Óscar Ramone poñerán banda sonora ao espectáculo.
Para público en xeral
19/04/2018
Xa rematou
20 horas
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
Entrada de balde até completar a capacidade
A experiencia de colaborar coa Banda Municipal de música da Coruña deunos a posibilidade de evolucionar un paso máis no noso proxecto de Inclusión Social a través das Artes. A calidade artística que achega estar apoiados por uns músicos deeste calibre e a humildade coa que aborda a proposta o seu director Juanjo Ocón converteron un proxecto humano e formativo nun espectáculo cunha dignísima calidade artística. A música en directo en escena, a integración dos músicos co grupo, a necesidade de ir máis aló e que esta viaxe a levemos a cabo en conxunto, en equipo onde todos navegamos nun mesmo barco, xa non somos entes independentes.
O repertorio adaptado ao mundo de Picasso, no caso da Banda, á época Rosa, á florecente etapa Parisiense e outras das súas etapas artísticas.
Para a compañía 5s de danza-teatro inclusiva é un privilexio telos connosco en escena e o amor co que están a apoiar este proxecto de tal responsabilidade social.
Non temos máis que agradecer e potenciar estas alternativas que neste caso posibilitou a Fundación Emalcsa a través das súas axudas de Cultura Inclusiva.
ASOCIACIÓN CULTURAL PARA A INTEGRACIÓN SOCIAL DIVERSOS
Dirección: Carlota Pérez
Colaboración coreográfica: Leo Rodríguez
Música orixinal: Rebeca Ponte e Óscar Ramone
Guión: Xoan Carlos Mejuto
Dramaturxia: Javier Collado
Artes plástica: Mamen Bazarra
Imaxes do espectáculo e fotografía: Gimena Berenguer
Elenco: Banda Municipal de Música da Coruña
Director: Juanjo Ocón
Rebeca Ponte, Óscar Ramone, Geluco Carballeira, Carlota Pérez, Danae de la Vega, Estrela Agulló, Tatiana Cacheiro, Adriana Paulos, Luisa Silva, Cristian Machado, Lola Couceiro, Julita Fresco, Eurico da Pena, Rodrigo Palmeiro, Mamen Bazarra, Artemisa Semedo, Davinia Rico, Tania, Iago Roia, Angel Mangas.
VINDEIROS CONCERTOS
22 de abril - Pazo da Ópera
5 de maio - Parque de Sta. Margarida (Día da ciencia na rúa)
10 de maio - Teatro Rosalía
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible