30 de maio de 2017
Desde hoxe comezará unha campaña de información pre-xudicial e asesoramento xurídico gratuíto para as persoas da cidade afectadas por cláusulas chan, nas dependencias municipais da OMIC (Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras).
Mediante este convenio facilitarase, de balde, información, asesoramento e orientación pre-xudicial aos centos de afectados da nosa cidade pola aplicación de cláusulas chan na contratación dos seus créditos hipotecarios.
A partir do día 30 maio e ata o 30 de agosto a veciñanza afectada por cláusulas chan poderá solicitar asesoramento pre-xudicial a través da OMIC (R/ Costa Palloza, 8) para concertar cita previa. O servizo de asesoramento prexudicial realizarasé os martes e xoves en horario de 08:30 a 13:30 horas. Entre os servizos que levarán a cabo dentro deste asesoramento previo á vía xudicial atópase a identificación dos casos nos que foron aplicadas este tipo de cláusulas consideradas abusivas por varias sentenzas xudiciais, orientar aos afectados nos pasos que deben dar para cursar nas súas reclamacións, ofrecer modelos de cartas e outros documentos dos que poida servirse quen o precise, e analizar as ofertas presentadas por parte dos bancos e informar sobre as posibilidades e consecuencias das reclamacións xudiciais.
Asimesmo o próximo venres 2 de xuño en horario de 19:00 a 20:30 horas e dentro das actuacións do Convenio terá lugar unha conferencia informativa e formativa sobre cláusulas chan impartida por un relator experto en materia bancaria seleccionado polo Colexio de Avogados, Agenor Gómez Álvarez, na Fundación Luis Seoane (Rúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña). O acceso será libre ata completar aforo.
Para máis información poden contactar coa OMIC no 981189820 de luns a venres en horario de atención ao público.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible