5 de marzo de 2020
TELÉFONO DE INFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA No caso de dúbidas ou necesidade de información a Xunta de Galicia ten habilitado o teléfono gratuíto 900 400 116 para as súas consultas. SINTOMATOLOXÍA Os síntomas máis comúns da enfermidade polo Coronavirus (COVID-19) son FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISNEA. No caso de chegar dunha viaxe ou estar en contacto con persoas que veñan dunha área de risco e presenten os síntomas descritos recoméndase non acudir directamente ao hospital ou centro de saúde senón CONTACTAR TELEFONICAMENTE CO 061.
RECOMENDACIÓNS XENÉRICAS: Hixiene de mans e Hixiene respiratoria
RECOMENDACIÓNS SOBRE VIAXES
Seguindo o principio de precaución, recoméndase non viaxar ás zonas afectadas ou ás zonas de risco, a non ser que sea estritamente necesario, que neste momento son 4 rexións do norte de Italia (rexións de Lombardía, Véneto, Emilia-Romaña, Piamonte), China incluído Hong Kong e Macao, Corea do Sur, Singapur, Xapón e Irán.
Nota: estes territorios poden variar polo que sempre debe chequearse na web do Ministerio de Sanidade a última actualización
(https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov- China/areas.htm).
Non é necesario plantexarse a repatriación de estudantes ou traballadores nas zonas de risco, que deben seguir as recomendacións que emitan as autoridades sanitarias da zona onde estean.
RECOMENDACIÓNS SOBRE A PARTICIPACIÓN OU REALIZACIÓN DE EVENTOS
No estado actual de difusión da enfermidade, estando en fase de contención e tendo en conta o número de casos en España, e o seu control, non parece necesario dar unha recomendación xeral de suspensión de eventos.
Si convén pedir que todas aquelas persoas que presenten sintomatoloxía (FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISNEA), por responsabilidade persoal e comunitaria, que non acudan a este tipo de actos.
E aos organizadores destes eventos que deben extremar as medidas de limpeza e distribuír os consellos actuais de como actuar se un ten síntomas.
Estas recomendacións adaptaranse, en todo caso, ás que se establezan a nivel internacional ou nacional tendo en conta a evolución da enfermidade.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible