27 de maio de 2011
Vai dirixida a nenos/as e mozos/as, veciños do Concello da Coruña, cunha idade comprendida entre os 3 e os 12 anos.
Dende a Oficina Municipal de Información ó Consumidor do Concello da Coruña informamos de que en poucas xornadas comezará a súa andaina a “Escola de Verán 2011" da OMIC, unha iniciativa didáctica e formativa no senso de acadar un espírito crítico nos consumidores/as. Esta Escola de Verán vai dirixida principalmente a nenos/as e mozos/as cunha idade comprendida entre os 3 e os 12 anos.
No mes de xullo desenvolveranse de luns a venres, nas instalacións da OMIC na Rúa Costa da Palloza, 8 unha gran variedade de obradoiros prácticos e didácticos, que se reparten en dúas áreas temáticas:As actividades serán dinamizadas por un equipo de educadores/as que aplicarán unha metodoloxía activa e práctica, para que os e as participantes pasen unha mañá amena e activa, aprendendo a consumir mellor. Na primeira área farán un estudo de mercado e crearán o seu propio xoguete con material de refugallo. E na segunda área descubrirán o proceso que seguen os produtos no mercado, dende a súa elaboración ata a chegada á casa.
De 10.00 a 13.30 horas poden asistir todos os días que desexen, despois de que os seus pais/nais ou titores/as cubran a correspondente folla de inscrición.
O prazo para inscribirse será do 1 ao 30 de xuño.
No apartado de publicacións poden descargar o tríptico informativo da Escola de Verán, así como a folla de inscrición. Así mesmo tamén poderán realizar a inscrición a través desta web no apartado de inscricións.
Para solicitar máis información está a disposición da cidadanía o número de teléfono 981.189.820.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible