15 de outubro de 2010
Os obradoiros máis solicitados son os que fan referencia a alimentación saudable, xoguetes para os máis pequenos e publicidade.
As charlas e obradoiros son dinamizados por un grupo de educadores especializados en consumo responsable e coordinados pola OMIC da Coruña. A duración de cada actividade é de aproximadamente 60 minutos e desenvolveranse algunhas na propia OMIC e outras nos centros escolares.
Con 33 centros inscritos, e unha participación de máis de 6.500 rapaces, o vindeiro curso 2010/2011, preséntase como o de maior participación neste tipo de actividades na nosa cidade, demostrando a responsabilidade da comunidade educativa en todos os temas relacionados co consumo.
O que lles deamos aos nenos eles daranllo á sociedade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible