Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

A arbitraxe de consumo

A arbitraxe de consumo é unha vía extraxudicial e voluntaria que permite resolver, dunha maneira rápida, eficaz e gratuíta, os desacordos que poidan xurdir entre as persoas consumidoras/usuarias e as empresas.

Eficacia

Resólvese mediante laudo arbitral, sen que faga falta acudir á vía xudicial común.

Gratuidade

A tramitación é gratuíta; soamente a práctica dalgunhas probas periciais, realizadas por petición da parte, pode supoñer algún pequeno custo.

Voluntariedade

Ambas as partes deciden libremente que sexa a Arbitraxe de Consumo quen resolva os seus desacordos.

Executividade

O laudo arbitral é de obrigado cumprimento, como se dunha sentenza se tratase.

Organización do Sistema Arbitral de Consumo

A Xunta Arbitral de Consumo de Galicia é un organismo vinculado directamente á Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Consumo. A súa sede está en Santiago de Compostela e está composta por unha presidencia e unha secretaría. Con todo realízanse audiencias arbitrais nas sete grandes cidades de Galicia.

Para atender as solicitudes de arbitraxe constitúense órganos arbitrais, que son os órganos encargados de coñecer e ditar o laudo arbitral sobre cada cuestión sometida á arbitraxe.

A adhesión ao Sistema Arbitral de Consumo por parte das empresas ou profesionais pódese producir de dúas formas:

  • Oferta Pública de Sometemento ao Sistema Arbitral de Consumo: a través desta oferta unha persoa empresaria ou profesional manifesta publicamente que todos os conflitos que se presentan coas persoas consumidoras poderán ser resoltos por este sistema se a persoa consumidora así o desexa. Esta oferta, ademais, permítelle utilizar o logotipo aprobado oficialmente de adhesión ao sistema, como un símbolo de distinción dentro do comprado. Esta oferta non ten que ser xeral xa que pode a empresa ou profesional limitala, por exemplo, a determinados conflitos ou relacións. Neste suposto, tamén se pode ostentar o distintivo de adhesión ao sistema arbitral de consumo, pero a utilización do logotipo non pode inducir a erro á persoa consumidora.
  • Para caso concreto: neste suposto unha persoa empresaria ou profesional adhírese ao sistema para a resolución dun conflito concreto, e non pode neste caso utilizar o distintivo.

Para coñecer as empresas adheridas prema aquí.

Xunta Arbitral de Consumo de Galicia

Avda. Torrente Ballester n.º 1-3-5 baixo

15707 - Santiago de Compostela

Tel.: 981 544 512

Fax. 981 544 599

Correo electrónico: igc@xunta.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión