Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cal é a diferenza entre data de duración mínima e a data de caducidade na etiquetaxe dos produtos alimenticios?

Na etiquetaxe de todo produto alimenticio figurará a data de duración mínima ou, se é o caso, a data de caducidade.

A data de duración mínima é a data ata a que o produto mantén as súas propiedades específicas en condicións de conservación adecuadas, expresarase mediante as lendas:

a) "Consumir preferentemente antes do...", cando a data inclúa a indicación do día.

b) "Consumir preferentemente antes do fin de...", nos demais casos.

A data estará composta pola indicación clara e en orde do día, o mes e o ano. Non obstante nos produtos:

  • Cuxa duración sexa inferior a tres meses bastará indicar o día e o mes.
  • Cuxa duración sexa superior a tres meses pero inferior aos dezaoito, bastará indicar o mes e o ano.
  • Cuxa duración sexa superior aos dezaoito meses, bastará indicar o ano.

No caso dos produtos microbioloxicamente moi perecedoiros, por exemplo os iogures, natillas ou similares e que por iso poidan supoñer un perigo inmediato para a saúde humana despois dun curto período de tempo, a data de duración mínima cambiarase pola data de caducidade, expresada mediante a lenda "data de caducidade" seguida da data en día, mes e, eventualmente, ano. As ditas informacións completaranse cunha descrición das condicións de conservación que terán que respectarse.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión