Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Actividades para persoas adultas

Formación para persoas adultas

Actividades formativas para persoas adultas que proporcionan información sobre os seus dereitos e deberes como persoas consumidoras.

O Servizo Municipal de Consumo elabora anualmente un programa de formación en consumo destinado a persoas adultas.

De forma continua na OMIC desenvólvense talleres prácticos e charlas formativas con diferentes temas de actualidade que pretenden achegar os problemas máis habituais ás persoas consumidoras para que coñezan cales son os seus dereitos e como defenderse ante situacións de abuso.

Os diferentes talleres e charlas teñen unha duración aproximada de 90 minutos e impártense nas instalacións da OMIC en horario de 11:30 a 13:00. Están dirixidas a persoas maiores de 18 anos, en grupos mínimos de 15 asistentes.

Todas as actividades para adultos son gratuítas e poden inscribirse a través do teléfono 981 189 820 ou nas propias oficinas da OMIC.

Calquera colectivo de persoas adultas interesado nas materias de consumo pode solicitar á OMIC a realización dunha actividade formativa aínda cando non estean dentro das actuacións programadas, sempre que sexa relativo á defensa dos dereitos das persoas consumidoras.

Os interesados no programa de formación poden solicitar información no 981 189 820.

Preinscricións actividades persoas adultas

resultados 4

  • 1 Páxinas
  • 1
  • A banca electrónica

    Cando:

    20/03/2020, de 11:30 a 13:00

    Inscricións:

    Dende o 21/02/2020 ata o 20/03/2020

    Cando:

    20/03/2020, de 11:30 a 13:00

  • O comercio electrónico

    Cando:

    20/05/2020, de 11:30 a 13:00

    Inscricións:

    Dende o 21/02/2020 ata o 20/05/2020

    Cando:

    20/05/2020, de 11:30 a 13:00

  • Ante as tecnoloxías, protéxete

    Cando:

    23/04/2020, de 11:30 a 13:00

    Inscricións:

    Dende o 21/02/2020 ata o 23/04/2020

    Cando:

    23/04/2020, de 11:30 a 13:00

  • As novas tecnoloxías na nosa compra

    Cando:

    28/02/2020, de 11:30 a 13:00

    Inscricións:

    Dende o 21/02/2020 ata o 28/02/2020

    Cando:

    28/02/2020, de 11:30 a 13:00

resultados 4

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión