13 de novembro de 2025
A Casa dos Xoguetes da OMIC comparte ilusións este Nadal
O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), pon en marcha unha nova edición de 'A Casa dos Xoguetes', unha iniciativa sustentable que ten como obxectivo fomentar a Economía circular e o consumo responsable convidando ás familias a dar unha segunda vida aos xoguetes durante estas festas do Nadal.
Do 1 de decembro ao 3 de xaneiro, o Espazo de Economía Circular, situado na OMIC (Costa da Palloza, 8), converterase nun lugar de encontro para compartir ilusións. Baixo o lema Cambia de aventura. Comparte a túa ilusión, anímase á cidadanía a achegar aqueles xoguetes que xa non empregan para que outros nenos e nenas poidan gozar deles ao tempo que poderá levar os que mais lle gusten dos expostos que se correspondan co valor dos seus cupóns.
Esta campaña promove o consumo responsable e a reutilización, converténdose nunha oportunidade para reflexionar sobre o valor de compartir e o impacto positivo das nosas accións no entorno.
Información importante para participar na Casa dos Xoguetes:
Actividades para nenos e nenas de 4 a 10 anos
Durante o mes de decembro e ata o 3 de xaneiro, a Casa dos Xoguetes ofrecerá obradoiros creativos e actividades lúdicas. Entre as propostas destacan:
Todas as actividades son de balde e a inscrición faise 15 minutos antes do inicio na propia Casa dos Xoguetes. Os días e horarios poden consultarse no documento que se indica a continuación.
Este Nadal, trae os teus xoguetes e dálles unha nova vida.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible