Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de maio de 2020

Consumo impulsa os mecanismos extraxudiciais de resolución de conflitos e garante o dereito de persoas consumidoras e usuarias ao reembolso

O ministerio, que prepara os mecanismos necesarios para que millóns de potenciais reclamacións poidan ser atendidas conforme á lei, aposta polo sistema extraxudicial de resolución de conflitos.

Coordinación coas comunidades autónomas

Durante a súa comparecencia, Garzón desenvolveu os eixes de coordinación coas comunidades autónomas, que pasan por fortalecer e impulsar o Sistema Arbitral de Consumo e reforzar a coordinación que xa se leva a cabo na vixilancia de mercado e reclamacións. Así mesmo, Garzón explicou que as administracións acordaron reorientar o actual plan anual de inspección 2020 para adaptalo e incorporar unha liña específica para o control de produtos básicos e máscaras hixiénicas.

O ministerio e as comunidades tamén afianzaron a coordinación ante as reclamacións e as denuncias sobre abusos e fraudes que prevén que chegarán ás consellerías autonómicas de consumo. Ademais, crearanse mesas sectoriais específicas conxuntas coas asociacións de persoas consumidoras e axentes dos sectores afectados.

Impulso de mecanismos extraxudiciais de resolución de conflitos

Na súa exposición, Garzón tamén explicou que se están desenvolvendo grupos de traballo entre os ministerios de Consumo, Xustiza e Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana co fin de estudar medidas de impulso dos sistemas extraxudiciais para a resolución de conflitos derivados de cancelacións de voos por mor da COVID-19, en aplicación da normativa europea que garante o dereito á devolución.

O obxectivo é que estes mecanismos de mediación extraxudicial se apliquen á Axencia Española de Seguridade Aérea (AESA) e que sexan gratuítos para as persoas consumidoras e vinculantes para as partes, explicou o ministro. Todo iso, sen diminución do dereito constitucional irrenunciable que asiste a todo/a consumidor/a de acudir á vía xudicial para reclamar aí a defensa dos seus intereses.

"As aeroliñas teñen obriga de devolver o diñeiro pero non hai mecanismos extraxudiciais para obrigar a esa devolución", sinalou o ministro, que considera que neste momento as persoas consumidoras teñen que ir a un "proceso complicado" pola vía xudicial á que a maioría das persoas consumidoras non acode. "A nosa liña política é fomentar un mecanismo extraxudicial vinculante para as aeroliñas", anunciou Garzón, que considera que "non pode ser que unha persoa consumidora teña que acudir ao xulgado para recuperar os seus cartos".

Traballo con asociacións de persoas consumidoras e usuarias

O ministro anunciou que nos próximos días pecharanse reunións para o desenvolvemento da estratexia da desescalada en materia de dereitos das persoas consumidoras coas asociacións e organizacións que forman parte do Consello de Consumidores e Usuarios. Estes encontros completaranse con outros ministerios e organismos reguladores, así como coas administracións locais.

Fonte: Ministerio de Consumo (11 de maio de 2020)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión