Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xuño de 2010

Cursos formativos da Asociación de consumidores Adicae

Adicae oferta dous cursos formativos na nosa cidade, "Curso sobre nutrición" e "Aprende a elaborar o teu propio orzamento".

A Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros, ADICAE, ofrece dous cursos na nosa cidade previstos para o xoves 1 de xullo e o día 6 de xullo.

  • "Curso sobre nutrición"

       Lugar: C.C Os Mallos, Avda. Arteixo, 147

       Día: xoves 1 de xullo

       Hora: 19.30 h.

Comer san, equilibrado e calidade é fácil. Aprenda a elaborar un menú saudable e a preparar        menús variados e a elixir os alimentos máis nutritivos. Nutrición nunha contorna de consumo responsable e sustentable.

  • "Aprende a elaborar o teu propio orzamento"

Lugar: Sede de Adicae da Coruña.

Día: Martes 6 de xullo

Hora: 19.00 h.

O consumo masivo e irresponsable pode levarnos a situacións de risco económico nas nosas familias. ADICAE GALICIA quere que coñeza os dereitos que os asisten e as características dos produtos de endebedamento con risco (tarxetas de crédito, préstamos persoais, créditos ao consumo, hipotecas...). Para iso organizaremos un relatorio-taller sobre o endebedamento na economía doméstica co fin de dar asesoramento a todos os consumidores sobre Economía Familiar e Sobreendebedamento e explicar os puntos claves para a elaboración dun orzamento familiar que evite chegar a esa complicada situación.

Todas as actividades necesitan inscrición, para o que deberá contactar coa Asociación en:

Avda. Xeneral Sanjurjo, 119-1º Dta.

15006 A Coruña

Tel.: 981153969 Fax: 881927603



Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión