Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de outubro de 2010

Formar consumidores responsables e coñecedores das consecuencias dos seus actos, unha das metas da OMIC da Coruña.

O primeiro tenente de alcalde, Henrique Tello, presentou onte, no IES Ramón Menéndez Pidal o "Manual para a educación do consumidor na escola" que acaba de editar a OMIC do noso Concello.

O concelleiro presentou unha nova publicación editada pola OMIC, ante representantes da comunidade educativa, así como alumnos do módulo de Marketing e comercio internacional do IES Ramón Ménendez Pidal, resaltando a necesidade da información en materia de consumo, en todas as súas vertendes.

A finalidade da educación para o consumo é proporcionar as ferramentas necesarias para adquirir os coñecementos e as habilidades que permitan unha maior liberdade e racionalidade no consumo de bens e na utilización de servizos. 

O manual didáctico que se presentou onte, contando coa colaboración e presenza dos centros educativos que participan no Programa Educativo de Consumo de Aprender Coruña, naceu coa idea de lles facilitar aos docentes un material útil para a educación en consumo na escola, segundo suliñou a xefa do servizo, Sagrario Ron. Trátase dunha guía con gran cantidade de información, actividades e recursos relacionados con diferentes temas de consumo, pensados para utilizar directamente ou ser adaptados e enriquecidos segundo as necesidades educativas.

Contidos

Os contidos desta guía agrúpanse en 7 bloques temáticos, cada un cun obxectivo xeral. Dentro de cada bloque, os contidos estrutúranse en 5 temas, nos que se desenvolven as actividades e se proporcionan recursos pedagóxicos e didácticos para o profesorado ou monitor/a, así como fichas ou materiais útiles para o desenvolvemento das sesións.

Este manual didáctico está editado en CD-ROM e será distribuído durante o curso 2010-2011 nos centros educativos da Coruña que participen no programa educativo de consumo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión