28 de xullo de 2006
O alcalde, Javier Losada, asinou no libro para acadar que a Torre de Hércules sexa declarada Patrimonio da Humanidade. O acto realizouse no Palacio Municipal de María Pita e a el asistiron os membros do Instituto de Estudos Torre de Hércules.
O alcalde destacou o compromiso do Concello con este proxecto e pediu o apoio e a colaboración de todos os coruñeses co fin de que o faro romano máis antigo aínda en funcionamento reciba o mencionado recoñecemento. Ata o momento, nesta campaña, recolléronse máis de 120.000 sinaturas e curiosamente a maioría son de persoas que non residen na cidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible