Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de outubro de 2010

Máis de 6.500 nenos recibirán educación para o consumo nos seus centros escolares dentro do programa “Educación para o consumo” en máis de 258 talleres.

Os obradoiros máis solicitados son os que fan referencia a alimentación saudable, xoguetes para os máis pequenos e publicidade.

Aumentan as solicitudes de inscrición nas actividades ofertadas pola OMIC dentro do programa “Aprender Coruña”. Estas actividades tratan diferentes aspectos do ámbito do consumo, dende obradoiros de compra responsable ata outros para aprender a reclamar, evitar compras compulsivas ou analizar a publicidade.

As charlas e obradoiros son dinamizados por un grupo de educadores especializados en consumo responsable e coordinados pola OMIC da Coruña. A duración de cada actividade é de aproximadamente 60 minutos e desenvolveranse algunhas na propia OMIC e outras nos centros escolares.

Con 33 centros inscritos, e unha participación de máis de 6.500 rapaces, o vindeiro curso 2010/2011, preséntase como o de maior participación neste tipo de actividades na nosa cidade, demostrando a responsabilidade da comunidade educativa en todos os temas relacionados co consumo.

O que lles deamos aos nenos eles daranllo á sociedade


 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión