Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obxectos perdidos

Na Oficina Municipal de Obxectos Perdidos, xestionada pola Policía Local da Coruña, custódianse diversos obxectos procedentes de achados ocorridos tanto na vía pública como nas instalacións de diversos organismos públicos ou privados, así como nas diferentes áreas comerciais desta cidade.

Se atopa algún obxecto extraviado da súa propiedade, pode solicitar a devolución na dita oficina, sita na rúa Tui s/n, para o que terá que demostrar a súa titularidade por calquera medio admitido en dereito, sen prexuízo, se é o caso, da obriga de aboar os gastos orixinados ou satisfacerlle o premio á persoa que entregou o achado.

Os obxectos perdidos documentados son todos aqueles que levan ou conteñen algún soporte documental, marca, anotación ou calquera outra circunstancia que permita identificar a persoa propietaria. Na web lístanse os obxectos perdidos indocumentados.

Horario de atención ao público: 08.30 a 13.30 horas de luns a venres

Horario de atención telefónica: 09.00 a 13.30 horas de luns a venres

Os festivos está pechado.

Teléfono: 981 189 899

NORMATIVA PARA A RECOLLIDA DE OBXECTOS

- Deberá identificarse sempre mediante DNI ou documento identificativo válido.

- Cando o obxecto non sexa da súa titularidade, deberá estar autorizado, por escrito, pola persoa titular.

- Deberá indicar o número de referencia asociado ao obxecto perdido.

- No caso de obxectos de valor como xoiería, informática, etc. será necesario a presentación da factura de compra.

- Para os teléfonos móbiles será necesario presentar a caixa ou a factura onde apareza reflectido oº n IMEI.

- Se superado o tempo de dous anos (a contar tras a finalización da publicación no Taboleiro de Edictos Municipal) ningunha persoa acreditase a propiedade do obxecto, o concello daralle o fin regulamentario que establece a lexislación vixente, é dicir, a adxudicación da cousa achada ou o seu valor a quen a achase.

SEDE ELECTRÓNICA - TRAMITACIÓN TELEMÁTICA

Sede Electrónica - Tramitación Telemática

CONSULTE A LISTAXE:

- Obxectos recibidos entre o 7 e o 13 de febreiro

- Obxectos recibidos entre o 14 e o 20 de febreiro

- Obxectos recibidos entre o 21 e o 27 de febreiro

- Obxectos recibidos entre o 28 de febreiro e o 5 de marzo

- Obxectos recibidos entre o 6 e o 12 de marzo

- Obxectos recibidos entre o 13 e o 19 de marzo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión