Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Obxectos perdidos

Obxectos perdidos

Na Oficina Municipal de Obxectos Perdidos, xestionada pola Policía Local da Coruña, custódianse diversos obxectos procedentes de achados ocorridos tanto na vía pública como nas instalacións de diversos organismos públicos ou privados, así como nas diferentes áreas comerciais desta cidade.

Se atopa algún obxecto extraviado da súa propiedade pode solicitar a devolución na devandita oficina, situada na rúa Tui s/n, logo da previa demostración da titularidade por calquera medio admitido en dereito, sen prexuízo, de ser o caso, da obriga de aboar os gastos orixinados ou satisfacerlle o premio á persoa que entregou o achado.

Os obxectos perdidos documentados son todos aqueles que levan ou conteñen algún soporte documental, marca, anotación ou calquera outra circunstancia que permita identificar a persoa propietaria. Na web lístanse os obxectos perdidos indocumentados.

Horario de atención ao público: 8.30 a 14.00 horas de luns a venres

Horario de atención telefónica: 09.00 a 13.30 horas de luns a venres

Festivos pechado

Teléfono: 981 189 899

NORMATIVA PARA A RECOLLIDA DE OBXECTOS

- Deberase identificar sempre mediante DNI ou documento identificativo válido.

- Cando o obxecto non sexa da súa titularidade, deberá estar autorizado, por escrito, pola persoa titular.

- Deberá indicar o número de referencia asociado ao obxecto perdido.

- No caso de obxectos de valor como xoiería, informática etc. será necesario presentar a factura de compra.

- Para os teléfonos móbiles será necesario presentar a caixa ou a factura onde apareza reflectido o núm. IMEI.

- Se superado o tempo de dous anos (que se contará tras a finalización da publicación no Taboleiro de Edictos Municipal) ningunha persoa acreditase a propiedade do obxecto, o concello daralle o fin regulamentario que establece a lexislación vixente, é dicir, a adxudicación da cousa achada ou o seu valor a quen a achase.

SEDE ELECTRÓNICA - TRAMITACIÓN TELEMÁTICA

Sede electrónica - Tramitación telemática

CONSULTE A LISTAXE:

- Obxectos recibidos entre o 19 e o 25 de febreiro

- Obxectos recibidos entre o 26 febreiro e o 3 de marzo

- Obxectos recibidos entre o 4 e o 10 de marzo

- Obxectos recibidos entre o 1 e o 7 de xullo

- Obxectos recibidos entre o 26 de agosto e o 1 de setembro

- Obxectos recibidos entre o 2 e o 8 de setembro

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión