Concello da Coruña

Concello da Coruña

Na bicicleta

Na actualidade son moitos os usuarios e usuarias que elixen a bicicleta como elemento de mobilidade persoal na cidade.

Coñecer ben as normas, sinais de circulación e cumprimento farán que evitemos moitos accidentes.

Lei de Tráfico e Seguridade viaria, unha nova reforma que mellorará a eficacia do sistema e a convivencia entre todos.

20 normas que todo ciclista debe coñecer

A condución de bicicletas

Guia para usuarios de la bicicleta

UTILIZA SEMPRE O CASCO

- É obrigatorio en vías interurbanas, pero recomendable utilizalo tamén en cidade. É o noso único elemento de seguridade pasiva e absorberá a enerxía do impacto na cabeza.

- Sexas profesional, cicloturista ou principiante, usa o casco SEMPRE.

CIRCULACIÓN EN GRUPO

- Está permitido circular en fila da un ou en columna de dous en dous como máximo. En ambos os casos, o grupo funciona como un só vehículo e debe circular o máis a dereita posible da vía.

Saír en grupo debería mellorar a seguridade:

- Un grupo de ciclistas é máis visible a ollos dos condutores de vehículos a motor.

- Ante calquera neglixencia do resto de condutores, sempre haberá testemuñas. Se hai avarías ou accidentes, o resto de ciclistas debería ser solidario.

- E se circulas en ringleira, e tes que dar substitucións, asegúrate que non se aproxima ningún vehículo cando inicies o adiantamento.

RESPECTO ÁS NORMAS DE CIRCULACIÓN

  • O ciclista e a súa bicicleta son un vehículo máis. Respecta as normas de circulación. Se o resto de vehículos ten obrigas ou prioridades, o ciclista tamén debe respectalas (semáforos, STOP, ceda o paso etc).
  • Se ven que respectas as normas, é máis doado que che respecten a ti. E non esquezas que tamén podes ser sancionado.

FAITE VER:

  • O resto de vehículos cumpren coa función de ver "e ser vistos" con luces e intermitencias, e un ciclista non debe ser menos, aínda que ten que poñer máis da súa parte.
  • Cando é de noite ou en condicións de baixa visibilidade (mal tempo, túneis etc) tanto en cidade como na estrada (obrigatorio) é imprescindible o uso de material reflector, en forma de chalecos, brazaletes ou catadióptricos en pedais ou rodas para que o resto de usuarios poidan distinguirnos a unha distancia de 150 metros.
  • E á hora de elixir a cor da roupa para circular en bicicleta, mellor escoller cores claras e rechamantes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión