Concello da Coruña

Concello da Coruña

Composteiros domésticos

Programa Composteiros Domésticos Coruña 2026

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Rexistros e censos

Materia:

Medio ambiente

Órgano responsable:

Medio Ambiente, Sanidade, Cemiterios, Parques e Xardíns

Vixente:

Si

Con esta iniciativa, que forma parte das actuacións municipais dirixidas á prevención na xeración de residuos e á mellora da súa valorización, o Concello promove a adxudicación de 80 composteiros domésticos de 300 litros con aireador e termómetro entre a veciñanza do Concello da Coruña, co fin de promover a separación en orixe dos biorresiduos xerados nos fogares e fomentar prácticas sostibles de xestión dos residuos orgánicos mediante a compostaxe doméstica, durante un período mínimo de cinco (5) anos desde a entrega.

Poderán optar aos composteiros as persoas físicas maiores de idade e empadroadas no Concello da Coruña que dispoñan dun terreo, xardín, horta ou espazo adecuado para a instalación do composteiro doméstico e para empregar o compost obtido. (Inclúense as persoas que resultaron adxudicatarias dun horto urbano na última convocatoria do ano 2026).

Tamén poderán optar os centros educativos que teñan a súa localización no termo municipal da Coruña e as asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal da Coruña, que acrediten o seu carácter social, pedagóxico, terapéutico ou ambiental e que dispoñan dun espazo ou un terreo con xardín ou horta no termo municipal do Concello da Coruña.

Os composteiros asignaranse por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello da Coruña e sempre que cumpran os requisitos recollidos na convocatoria.

Inicialmente reservaranse 30 unidades de composteiros para os centros educativos e asociacións sen ánimo de lucro, e as restantes 50 unidades para as persoas físicas. No caso de que nalgún dos grupos quedasen composteiros sen repartir, repartiranse entre as persoas solicitantes do outro grupo mantendo a rigorosa orde de entrada.

Programa Composteiros Domésticos Coruña 2026

Inscricións:

Dende o 21/08/2026 ata o 10/09/2026

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Poderán concorrer as persoas físicas, os centros educativos e as asociacións sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos.

Requisitos:

1. Persoas físicas:

  • Ser maior de idade
  • Estar empadroadas no concello da Coruña.
  • Dispoñer dun terreo, xardín, horta ou espazo adecuado para a instalación e uso dun composteiro doméstico e para empregar o compost obtido. Este espazo deberá cumprir os seguintes requisitos:
    • Estar dentro do termo municipal da Coruña.
    • Deberá identificarse mediante referencia catastral e/ou enderezo postal na súa solicitude (ver Anexo I e II).
  • Comprometerse, mediante declaración responsable, a facer un uso correcto do composteiro e a participar nas actuacións de seguimento e asesoramento que poida realizar o Concello.
  • No suposto de ser adxudicatarios/as na última convocatoria realizada por este Concello dun horto urbano no que se pretende instalar o composteiro, as persoas solicitantes deberán indicalo expresamente. Ademais, deberán indicar se dispoñen ou non dun espazo adecuado para o emprego do composteiro unha vez finalizada a autorización de uso do horto urbano.

Só poderá presentar a solicitude unha das persoas integrantes da unidade familiar, comprendida por aquelas persoas que convivan e estean empadroadas no mesmo domicilio, o que será obxecto de comprobación de oficio a través do Padrón Municipal.

2. Centros educativos e asociacións sen ánimo de lucro:

  • Dispoñer dun terreo, xardín, horta ou espazo adecuado para a instalación e uso dun composteiro doméstico e para empregar o compost obtido. Este espazo deberá cumprir os seguintes requisitos:
    • Estar dentro do termo municipal da Coruña.
    • Deberá identificarse a referencia catastral na solicitude.
  • Comprometerse, mediante declaración responsable, a facer un uso correcto do composteiro e a participar nas actuacións de seguimento e asesoramento que poida realizar o Concello.

Os requisitos deberán cumprirse no momento da presentación da solicitude e manterse durante un período mínimo de cinco (5) anos desde a entrega, coa puntualización recollida no punto 2 desta convocatoria para as persoas adxudicatarias dos hortos urbanos.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Medio Ambiente e Sostibilidade.

Presentación

Prazo de presentación:

Cada persoa física, centro educativo ou asociación sen ánimo de lucro poderá realizar unha única solicitude, tendo en conta que, no caso das persoas físicas, limítase a súa adxudicación a un máximo dun composteiro por unidade familiar.

No caso dos centros educativos, poderá asignarse máis dun composteiro, se houber dispoñibilidade, cando acrediten que dispoñen de espazo suficiente e adecuado para a súa instalación e utilización.

As solicitudes presentaranse mediante o modelo normalizado habilitado para tal fin (Anexos I e II) que se achegan máis abaixo.

O prazo de presentación é de 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.

Os composteiros asignaranse por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello da Coruña e sempre que cumpran os requisitos recolleitos na convocatoria.

No caso de que coas solicitudes presentadas non se cubran as 80 unidades previstas, poderá abrirse un novo prazo de presentación, coas mesmas condicións e características recollidas nesta convocatoria.

Documentación necesaria:

1. Persoas físicas:

  • Solicitude/Declaración responsable debidamente cumprimentada segundo o modelo que figura como Anexo I, de acordo co artigo 66 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Copia do DNI, NIE ou documento identificativo equivalente da persoa solicitante.
  • No caso das persoas adxudicatarias dos hortos urbanos, deberán sinalar expresamente que se atopan dentro deste grupo -para a comprobación de oficio por parte do Concello- e se dispoñen ou non dun espazo adecuado para o emprego do composteiro unha vez finalizado o prazo de catro (4) anos (ver Anexo I).

2. Centros educativos e asociacións sen ánimo de lucro:

  • Solicitude/Declaración responsable debidamente cumprimentada segundo o modelo que figura como Anexo II.
  • Copia dos estatutos da entidade, no caso de asociacións sen ánimo de lucro.

*Nota: no caso de que os documentos esixidos xa estivesen en poder de calquera órgano do Concello da Coruña, a persoa solicitante poderá acollerse ao establecido no artigo 53.1, apartado d), da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común, sempre que conste a data e o órgano ou dependencia Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento.

Sen prexuízo do disposto anteriormente, poderá requirirse que acheguen cuantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

Documentos relacionados

  • ANEXO I_Declaración responsable persoas físicas (69 KB)
  • Anexo II_Declaración responsable Entidades (66 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación indicada na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar na solicitude, segundo se especifica na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Contra a Resolución que se dite poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión