Composteiros domésticos
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Rexistros e censos
Medio ambiente
Medio Ambiente, Sanidade, Cemiterios, Parques e Xardíns
Si
Con esta iniciativa, que forma parte das actuacións municipais dirixidas á prevención na xeración de residuos e á mellora da súa valorización, o Concello promove a adxudicación de 80 composteiros domésticos de 300 litros con aireador e termómetro entre a veciñanza do Concello da Coruña, co fin de promover a separación en orixe dos biorresiduos xerados nos fogares e fomentar prácticas sostibles de xestión dos residuos orgánicos mediante a compostaxe doméstica, durante un período mínimo de cinco (5) anos desde a entrega.
Poderán optar aos composteiros as persoas físicas maiores de idade e empadroadas no Concello da Coruña que dispoñan dun terreo, xardín, horta ou espazo adecuado para a instalación do composteiro doméstico e para empregar o compost obtido. (Inclúense as persoas que resultaron adxudicatarias dun horto urbano na última convocatoria do ano 2026).
Tamén poderán optar os centros educativos que teñan a súa localización no termo municipal da Coruña e as asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal da Coruña, que acrediten o seu carácter social, pedagóxico, terapéutico ou ambiental e que dispoñan dun espazo ou un terreo con xardín ou horta no termo municipal do Concello da Coruña.
Os composteiros asignaranse por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello da Coruña e sempre que cumpran os requisitos recollidos na convocatoria.
Inicialmente reservaranse 30 unidades de composteiros para os centros educativos e asociacións sen ánimo de lucro, e as restantes 50 unidades para as persoas físicas. No caso de que nalgún dos grupos quedasen composteiros sen repartir, repartiranse entre as persoas solicitantes do outro grupo mantendo a rigorosa orde de entrada.
Programa Composteiros Domésticos Coruña 2026
Dende o 21/08/2026 ata o 10/09/2026
Poderán concorrer as persoas físicas, os centros educativos e as asociacións sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos.
1. Persoas físicas:
Só poderá presentar a solicitude unha das persoas integrantes da unidade familiar, comprendida por aquelas persoas que convivan e estean empadroadas no mesmo domicilio, o que será obxecto de comprobación de oficio a través do Padrón Municipal.
2. Centros educativos e asociacións sen ánimo de lucro:
Os requisitos deberán cumprirse no momento da presentación da solicitude e manterse durante un período mínimo de cinco (5) anos desde a entrega, coa puntualización recollida no punto 2 desta convocatoria para as persoas adxudicatarias dos hortos urbanos.
Gratuíto.
Titular da Concellaría Delegada de Medio Ambiente e Sostibilidade.
Normativas relacionadas
Cada persoa física, centro educativo ou asociación sen ánimo de lucro poderá realizar unha única solicitude, tendo en conta que, no caso das persoas físicas, limítase a súa adxudicación a un máximo dun composteiro por unidade familiar.
No caso dos centros educativos, poderá asignarse máis dun composteiro, se houber dispoñibilidade, cando acrediten que dispoñen de espazo suficiente e adecuado para a súa instalación e utilización.
As solicitudes presentaranse mediante o modelo normalizado habilitado para tal fin (Anexos I e II) que se achegan máis abaixo.
O prazo de presentación é de 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.
Os composteiros asignaranse por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello da Coruña e sempre que cumpran os requisitos recolleitos na convocatoria.
No caso de que coas solicitudes presentadas non se cubran as 80 unidades previstas, poderá abrirse un novo prazo de presentación, coas mesmas condicións e características recollidas nesta convocatoria.
1. Persoas físicas:
2. Centros educativos e asociacións sen ánimo de lucro:
*Nota: no caso de que os documentos esixidos xa estivesen en poder de calquera órgano do Concello da Coruña, a persoa solicitante poderá acollerse ao establecido no artigo 53.1, apartado d), da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común, sempre que conste a data e o órgano ou dependencia Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento.
Sen prexuízo do disposto anteriormente, poderá requirirse que acheguen cuantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.
Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación indicada na apartado Documentación necesaria.
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar na solicitude, segundo se especifica na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Tres meses
Desestimatorio
Contra a Resolución que se dite poderanse interpoñer os seguintes recursos:
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible