SRGCAH
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Recursos humanos
Sector público
Persoal e Recursos Humanos
Si
Solicitude de recoñecemento do grao de progresión no sistema transitorio da carreira administrativa horizontal.
Solicitude de recoñecemento de grao carreira administrativa horizontal 2026
Dende o 18/06/2026 ata o 16/07/2026
Persoal funcionario ou laboral do Concello da Coruña
Poderán acceder ao procedemento extraordinario de recoñecemento de grao do sistema transitorio da progresión na carreira administrativa, de conformidade co establecido na base 7 do acordo, o persoal que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar incluído no ámbito de aplicación definido na base 2 do acordo para a implantación do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do Concello da Coruña aprobado mediante acordo da Xunta de Goberno Local na sesión do 12/04/2023 (BOP núm. 73 do 18/04/2023).
b) Estar en situación de servizo activo no Concello da Coruña ou servizos especiais desempeñando un posto de traballo ou cargo no Concello da Coruña, ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza no prazo de presentación de solicitudes.
c) Ter a condición de persoal funcionario ou laboral deste Concello a 31/12/2025.
d) Presentar a solicitude de recoñecemento de grao no prazo e segundo o procedemento electrónico establecido nesta convocatoria.
e) Obter unha avaliación favorable cunha puntuación mínima de 4 puntos segundo o baremo establecido na base 4.4 apartados a), b), c), d), e), f) e g) do acordo do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do persoal do Concello da Coruña
f) Cumprir os seguintes requisitos de permanencia desde a toma de posesión no Concello da Coruña na mesma escala, subescala, clase e grupo/subgrupo de clasificación profesional no que se solicita o recoñecemento de grao:
− Para o acceso ao grao inicial e grao I: 5 anos de antigüidade a 31/12/2025.
− Para o acceso ao grao II: 10 anos de antigüidade a 31/12/2025.
− Para o acceso ao grao III: 15 anos de antigüidade a 31/12/2025.
− Para o acceso ao grao IV: 20 anos de antigüidade a 31/12/2025.
Para os efectos de completar o período de permanencia en cada grao, computarase o tempo transcorrido na situación de servizo activo ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza na mesma escala, subescala, clase e grupo/subgrupo de clasificación profesional.
O desempeño de postos de traballo con xornadas de traballo inferiores á común, non afectará ao cómputo do tempo de servizos prestados, sen prexuízo da redución do complemento que lles corresponda na porcentaxe de redución de xornada.
Ningún
Concelleiro responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local do 4/07/2024 (BOP núm. 129, do 5/07/2024)
No ano 2026 aboarase o 65% das contías establecidas no acordo do sistema transitorio da progresión na carreira administrativa de conformidade coa previsión establecida na base transitoria primeira.
Normativas relacionadas
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 18/06/2026 ao 16/07/2026 (ambos incluídos).
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para tramitar a devandita solicitude, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2022
O establecido no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Desestimatorio
Recursos
De acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, un recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que a ditou ou un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa contados a partir do día seguinte ao da publicación da disposición impugnada ou ao da notificación ou publicación do acto que poña fin á vía administrativa. No caso de interpoñer un recurso de reposición, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible