Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A finalidade desta convocatoria é promover a consolidación do tecido comercial, profesional, hostaleiro e en xeral empresarial, así como apoiar o mantemento e creación de emprego que xera este sector económico no municipio da Coruña tras a crise da Covid-19.
Este tecido empresarial está composto, na súa maioría, por microempresas e, principalmente, por persoas traballadoras autónomas, a quen se dirixen estas subvencións para o mantemento da actividade económica, conforme se sinala nas seguintes bases.
Subvencións para o mantemento e impulso da actividade económica no termo municipal da Coruña, no marco do Plan de reactivación económica e social da Coruña (Presco) no exercicio 2022
Inscricións:
Dende o 16/08/2022 ata o 16/09/2022
Sobre o procedemento
A quen vai dirixido?:
As persoas físicas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA), en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
As persoas físicas traballadoras autónomas socias de sociedades, de calquera clase, que teñan a condición de microempresa con personalidade xurídica propia e legalmente constituídas. No caso das sociedades civís, deberán estar constituídas mediante escritura pública outorgada ante notaria ou notario e estar debidamente rexistradas para poder ter a condición de beneficiarias destas subvencións.
Requisitos:
Son requisitos esixibles ás persoas beneficiarias, que deberán estar cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o prazo de execución da actividade subvencionada, ademais dos previstos con carácter xeral nos artigos 11 e 13 da Lei xeral de subvencións e os especificamente fixados nos apartados anteriores, os seguintes:
Requisitos comúns:
Que teñan xustificadas as subvencións anteriormente concedidas polo Concello da Coruña, agás que aínda non transcorrese o correspondente prazo de xustificación. Non terán a condición de xustificadas aquelas que estean pendentes de reintegro total ou parcial.
Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e co Concello da Coruña, nos termos sinalados na Base 17.d, o cal se acreditará mediante declaración responsable.
Que estean de alta con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 nunha actividade económica (sexa empresarial ou profesional) das recollidas no Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, polo que se aproban as tarifas e a instrución do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), no seu Anexo I. E que manteñan a dita actividade sen interrupción durante todo o ano 2022. No caso das persoas autónomas societarias de microempresas, entenderase acreditado este requisito cando o alta na actividade da empresa na que sexan socias sexa de data anterior ao 1 de xaneiro de 2022, sempre que a alta na Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional das persoas autónomas societarias sexa tamén anterior á devandita data.
Os demais contemplados na Lei xeral de subvencións e demais normas de aplicación.
Requisitos específicos:
Estar de alta no RETA (ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional correspondente);
Ter actividade económica con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 nalgunha das actividades sinaladas na base 7.2.1c);
Ter o seu domicilio fiscal dentro do termo municipal da Coruña, tanto a persoa autónoma como, no seu caso, a sociedade á que pertenza (autónomos societarios);
Non ter, por ningunha causa, bonificacións ou reducións nas cotas subvencionables (isto é, as de xaneiro a xullo do 2022).
Prezo / Custo:
Ningún
Órgano que resolve:
Titular da Concellería Delegada de Innovación, Industria, Emprego e Consumo
Procedemento de tramitación telemática obrigatoria
Internet
Que se necesita?:
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez que se cubra a solicitude telemática, debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo se especifica na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarias/os, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo o caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os e as notarias e rexistradoras e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible