Concello da Coruña

Concello da Coruña

VAD

Autorización de vao

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións

Materia:

Urbanismo e infraestruturas, Obras e infraestruturas, Vías Públicas, Rehabilitación, Licenzas e aperturas

Órgano responsable:

Infraestruturas e Servizos Públicos

Vixente:

Si

Autorización para o acceso de vehículos a inmobles cando sexa necesario cruzar beirarrúas ou outros bens de dominio e uso público.

Trátase dunha autorización anual, renovable anualmente, para o acceso de vehículos a parcelas

Autorización de vao

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Cidadanía, empresas e profesionais, asociacións

Requisitos:

Que o local ao que dá acceso o vao teña título urbanístico habilitante para o seu uso como garaxe.

Prezo / Custo:

Trátase dunha autorización suxeita a taxa, conforme á Ordenanza fiscal n.º 25, reguladora da taxa por entrada de vehículos desde a vía pública, e a Ordenanza fiscal n.º 1, reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos.

O pagamento das taxas é un depósito previo segundo o disposto nas ordenanzas fiscais, polo que o xustificante do pagamento deberá achegarse á solicitude.

A carta de pagamento das taxas correspondentes poderase obter no edificio servizos económicos sito na rúa da Franxa 20-22 C.P. 15001 A Coruña, ou na seguinte ligazón que o levará á Sede Virtual do Contribuínte.

Órgano que resolve:

Tenente de Alcaldesa de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, por delegación da Xunta de Goberno Local

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo.

Documentación necesaria:

  • Impreso (cumprimentado como pdf ou cumprimentado en liña), cos datos do local para o que se solicita vao.

  • Título urbanístico habilitante para uso como garaxe do local: licenza de funcionamento de garaxe ou comunicación previa da actividade no caso de que se realice actividade no local, onde se observe a entrada e saída de vehículos e/ou garda de vehículos.

  • Plano acoutado e superficiado do local onde se observen as prazas de vehículos

  • Xustificante de aboamento das taxas correspondentes á Ordenanza fiscal n.º 25 como depósito previo, e a Ordenanza fiscal n.º 1 de tramitación.

  • Acreditación da posesión do inmoble.

  • Horario laboral no caso de vao laboral.

  • NIF do interesado.

  • Representación no caso de actuar como representante.

Documentos relacionados

  • Autorización de vao (86 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso de solicitude (modelo 111) e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.
  • Aboar as taxas indicadas

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Se desexa obter a Carta de pagamento da taxa correspondente poderá obtela a través do seguinte vínculo na Sede Virtual do Contribuínte.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2162

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Non se indica na Ordenanza. Na Lei de Patrimonio, as autorizacións teñen un prazo de 6 meses.

Resólvense nun prazo de 1-2 meses aproximadamente se se achega toda a documentación precisa e indicada anteriormente.

Contra a Resolución de concesión/denegación da instalación solicitada poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso-administrativo

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Dáse de alta ao interesado en censos de Xestión Tributaria para o xiro de recibos anuais.

Outras versións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión