HUR
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Rexistros e censos
Medio ambiente
Medio Ambiente, Sanidade, Cemiterios, Parques e Xardíns
Si
O Concello creou espazos públicos dedicados a hortas de lecer con destino a prácticas de agricultura ecolóxica distribuídas en varias zonas da cidade: Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Parque Eirís e Parque Adolfo Suárez.
As persoas empadroadas no Concello da Coruña cunha antiguedad mínima de seis meses e que cumpran o resto de requisitos, poderán solicitar a autorización para o uso dun dos hortos durante catro anos.
As ECOHORTAS municipais teñen unha clara vocación educativa e integradora, polo que, ademais do seu uso particular, certo número de parcelas reservaranse para a xestión colectiva por parte de centros de ensino, asociacións sen ánimo de lucro e outros colectivos. Así mesmo, en todas as zonas habilitaranse parcelas adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
Hortos urbanos
Dende o 25/10/2023 ata o 08/11/2023
Poderán concorrer ao presente procedemento as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:
Tamén poderán concorrer ao presente procedemento os centros públicos de ensino e as asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal da Coruña e que acrediten, mediante os seus estatutos, o seu carácter social, pedagóxico, terapéutico ou ambiental.
As asociacións deberán carecer de débedas de natureza tributaria no período executivo co Concello da Coruña.
Estes requisitos deberán cumprirse na data na que finalice o prazo de presentación das solicitudes, e durante todo o período de vixencia da correspondente autorización.
A autorización será persoal e intransferible. O órgano municipal competente poderá revogar e deixar sen vixencia a autorización, se se incumpren de forma sobrevinda os requisitos sinalados neste artigo, ou se se dá algunha outra das circunstancias que as normas desta convocatoria prevexan como causa de revogación.
Establécense as seguintes categorías de beneficiarias/os:
Gratuíto
Titular da Concellaría Delegada de Medio Ambiente e Sostibilidade
Na solicitude deberán detallar expresamente:
Normativas relacionadas
15 días naturais desde o día seguinte ao de publicación da convocatoria na páxina Coruña Sostible
*Nota: no caso de que os seguintes documentos esixidos xa obrasen en poder de calquera órgano do Concello da Coruña, a persoa solicitante poderase acoller ao establecido no artigo 53.1, letra d, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común, sempre que se fagan constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e coa condición de que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderalle requirir á persoa solicitante a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
Sen prexuízo do disposto anteriormente, poderáselles requirir que acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.
Persoas físicas:
A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o 31 de decembro de 2022. Para os efectos desta convocatoria, enténdese por unidade familiar as persoas que convivan no mesmo domicilio e estean vencelladas por razóns de matrimonio ou calquera outra forma de relación análoga, por adopción ou acollemento, ou por parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o cuarto e segundo grao respectivamente.
Persoas xurídicas:
As asociacións ou os centros de ensino interesados deberán presentar unha declaración responsable/solicitude conforme ao modelo que se recolle no Anexo II (Mod.0781 dispoñible no apartado: "Documentos relacionados"), de acordo co artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Achegarán, xunto coa declaración responsable/solicitude do Anexo II (Mod.0781), a seguinte documentación:
Terase en conta, para determinar a sede social da entidade, o domicilio que figure nos seus estatutos. De modificarse o domicilio social, deberá acreditarse a súa modificación no rexistro correspondente. En todo caso, entenderase cumprido este requisito cando a entidade solicitante estea inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas. No caso de existir delegación da entidade, esta deberase acreditar mediante o contrato ou o documento de valor xurídico similar a nome da entidade na que conste que a súa utilización será para actividades da propia entidade.
Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación que se indica no apartado Documentación necesaria.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar na solicitude, segundo fica especificado no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Tres meses
Desestimatorio
Contra a resolución que se dite poderanse interpoñer os seguintes recursos:
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible