LTAPP
Telemático, Presencial
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións
Medio ambiente, Animales Domésticos
Medio Ambiente, Sanidade, Cemiterios, Parques e Xardíns
Si
É a licenza que teñen que obter as persoas que sexan propietarias e as que conduzan ou custodien animais potencialmente perigosos, e as súas cruces, segundo o Articulo 2.2.c do decreto 90/2002 galego.
Entenderase por can potencialmente perigoso:
- As 16 razas sinaladas no artigo 16.2 da lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.- Os que tiveron algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou cousas.
- Os que foron adestrados para a garda e defensa.
- Os que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento para a garda e defensa e, en concreto, os pertencentes ás categorías recollidas no artigo 2.2.c) do Decreto 90/2002.
Licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos
Dende o 14/08/2020
Persoa física, maior de idade e empadroada no Concello da Coruña
Aboamento das taxas previstas en:
- Ordenanza fiscal nº 1 (taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos): 11,28 euros.
- Ordenanza fiscal nº 10 (taxa por prestación de servizos de sanidade preventiva, relacionados con animais de compañía): 38,41 euros.
Titular da Concellería Delegada de Medio Ambiente e Sostibilidade
- A licenza terá un período de validez de cinco anos e poderá ser renovada por períodos sucesivos de igual duración.
- A licenza perderá a súa vixencia no momento en que a persoa titular deixe de cumprir calquera dos requisitos esixidos para a súa obtención.
- Calquera variación dos datos que figuran na licenza deberá ser comunicada polo/a seu/súa titular no prazo de quince días, que se contarán dende a data en que se produza, ao órgano que expediu a licenza.
- Terá a consideración de infracción administrativa moi grave a tenza de cans ou animais potencialmente perigosos sen licenza. A dita infracción pode ser sancionada con multa de ata 15.000 euros, sen prexuízo das sancións accesorias previstas na lexislación previstas entre elas a confiscación e comiso do animal, así como coa SUSPENSIÓN TEMPORAL OU DEFINITIVA da licenza para tenza de animais potencialmente perigosos.
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
3 meses.
Desestimatorio
Recursos posibles:
- Recurso potestativo de reposición
- Recurso contencioso-administrativo
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible