Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio Centro Ocupacional Pascual Veiga para contratar unha persoa con diversidade funcional/sensorial para limpeza do local da asociación

Ano:

2017

Tipo:

Subvenciones nominativas

Concellarías - Mandato 2015-2019:

Área de Igualdade e diversidade

Prazo de presentación:

Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a entidade Centro Ocupacional Pascual Veiga deberá presentar a documentación xustificativa do convenio no Rexistro Xeral.

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e o Centro Ocupacional Pascual Veiga, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Contratación dunha persoa con diversidade funcional/sensorial no centro especial de emprego para realizar o servizo de limpeza do local da asociación", que se desenvolverá durante o exercicio 2017.

Remuneración / Custo:

8.000,00 €

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento de obriga a favor do beneficiario e o pago da achega realizaranse tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 da LGS.

Tamén poderán realizarse pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, deberá ser solicitado expresamente pola entidade beneficiaria e deberá constituírse unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará mediante a retención do pago polo Concello, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata alcanzar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, procederase á devolución da cantidade retida en concepto de garantía.

Entidade:

Centro Ocupacional Pascual Veiga

Documentos:

Convenio Pascual Veiga en castelán (78 KB)

Convenio Pascual Veiga en galego (74 KB)

Bases reguladoras

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión