Este grupo de vivendas sociais está situado tamén dentro do barrio da Agra do Orzán pero nunha zona distinta á da actividade 4.1 (Mariñeiros) e ocupa varios rueiros de denso uso residencial e un escaso espazo público caracterizado pola dureza da súa paisaxe urbana. A sostenibilidade ambiental e social desta populosa barriada require unha actuación de rexeneración e mellora do seu contorno urbano.
Acometéronse peonalizacións, reposición de pavimentos e infraestruturas e ordenación de espazo público, mellorando a súa funcionalidade para uso peonil. Tamén se levou a cabo unha renovación do mobiliario urbano adecuada á paisaxe urbana de maior accesibilidade que se creou con esta intervención.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible