Concello da Coruña

Concello da Coruña

URBANA-C é un proxecto promovido polo Concello da Coruña, aprobado na primeira convocatoria de proxectos da iniciativa URBANA. Está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

O corazón do ámbito do proxecto URBANA-C é a Agra do Orzán, un espazo de deseño denso moi característico dos anos 70. Esta construción densa presenta grandes vantaxes en relación coa sustentabilidade respecto de deseños máis horizontais e dispersos. Facilita o desenvolvemento de bos modelos de mobilidade e accesibilidade, promove a cultura da proximidade, facilita a diversidade de actividades económicas e favorece o uso dos espazos públicos como lugares de encontro e reunión, o que contribúe a dotar de cohesión social o hábitat urbano. Con todo, para que se produza esta dinámica virtuosa é necesario que o espazo urbano conte con zonas dotacionais, calidade construtiva, un espazo público accesible, equipamentos e zonas verdes.

O envellecemento da poboación e o incremento das necesidades de atención ás persoas maiores, a incorporación da muller ao mercado laboral e a necesidade de atención ás e aos menores, o incremento das necesidades de mobilidade e a súa tradución nun tráfico rodado cada vez máis denso, novos modelos de consumo e grandes áreas comerciais que dificultan a pervivencia do comercio tradicional e de proximidade ou a chegada dunha poboación inmigrante, son exemplos de circunstancias que teñen no espazo urbano da Agra do Orzán unha presenza singular.

A pesar destas dificultades económicas, ambientais e sociais, a Agra do Orzán é un espazo urbano vivo, cun comercio moi activo a pesar dos seus problemas e cun tecido social forte e comprometido na potenciación desta zona da cidade. Este é o momento de intervir para manter o principal aliado para unha política de crecemento do barrio, a poboación máis nova e dinámica. A estratexia de intervención que se formula é unha actuación integral, que incide de forma coordinada en aspectos económicos, ambientais e sociais.

Para unir as vontades que se requiren para desenvolver este proxecto común, deseñouse un proxecto catalizador que servirá de referencia para o resto de actuacións que compoñen esta intervención integral de rexeneración urbana. Este proxecto orientado a promover sinerxías é un espazo público multiusos, o Ágora, dotado de gran calidade arquitectónica e que será a nova referencia de contemporaneidade dunha zona urbana formalmente aínda atrapada nun modelo urbano de cidade do pasado século XX.

Xunto con esta intervención de carácter emblemático, e que cambiará a fisionomía urbana da Agra do Orzán, deseñáronse un conxunto de actuacións integradas en programas temáticos que inciden nos factores estratéxicos que interveñen na sustentabilidade urbana. Neste sentido, prestouse especial atención a aspectos clave como mobilidade e accesibilidade, integración social, igualdade de oportunidades e fomento das novas tecnoloxías e do espírito emprendedor. Estas actuacións permitiranlle ao ámbito do proxecto URBANA-C, Agra do Orzán, avanzar cara a un futuro máis sustentable e contribuír a unha cidade da Coruña máis diversa e dinámica, cun mellor equilibrio territorial, ambiental e social.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión