22 de novembro de 2013
A Agra do Orzán albergará dende o mes de xaneiro a Escola de emprendedores.
A Agra do Orzán terá o próximo ano unha Escola de Emprendemento para fomentar a creación de empresas a través de plans de formación gratuítos. Con eles, preténdese facilitar a captación de emprendedores e ofrecer itinerarios formativos, tanto profesionais como persoais deseñados á cara en función do perfil de cada emprendedor para facerlle máis fácil a posta en marcha de negocios e ideas empresariais.
A iniciativa, impulsada pola Área de Emprego e Empresa que dirixe Luisa Cid, forma parte do proxecto Urbana C, ten un orzamento de 400.000 euros (o 80% procede de fondos Feder) e o seu principal obxectivo é fomentar o espírito emprendedor e apoiar as pequenas empresas e as persoas con perfil emprendedor.
A sede deste organismo estará na escola de negocios de Novacaixagalicia, no número 31 da Ronda de Nelle, e comezará a impartir os primeiros cursos no mes de xaneiro. Entre os requisitos para poder inscribirse nesta escola é estar empadroado na Agra do Orzán, ter un negocio na zona ou previsión de montalo. O prazo de anotación comeza o 2 de decembro.
Iniciativa
“Son itinerarios formativos que se elaborarán por e para quen teña perfil emprendedor, algo que determinarán os expertos tras reunirse con quen opte a este tipo de información”, puntualizou Cid durante a presentación desta iniciativa.
A Escola de Emprendemento ofrecerá máis de 2.400 prazas e un total de 1.830 horas de formación en doce meses e estará en permanente contacto coa Aula de emprego e co Centro Municipal de Emprego dos Rosales.
Os plans formativos inclúen accións como videoconferencias internacionais con interlocutores do mundo empresarial; feiras de innovación, nas que se difundirá o traballo realizado por alumnos e servirán de promoción aos seus proxectos; e simulacións empresariais, onde os participantes aplicarán á práctica os coñecementos adquiridos na fase teórica.
Fonte: El Ideal Galllego
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible