1 de agosto de 2014
A Escola de Emprendemento do barrio da Agra do Orzán pon en marcha o próximo 9 de setembro unha nova edición do curso AVANZA.
Trátase dun programa de desenvolvemento xerencial, cunha duración de 250 horas, que se desenvolve de luns a xoves, en horario de 16.30 a 21.30 h.
O seu obxectivo é dotar os emprendedores dos coñecementos, das ferramentas e destrezas para xestionar as súas empresas dun modo integrado, coordinado e coherente.
Está dirixido fundamentalmente a futuros empresarios e directivos de PEMES, emprendedores que van asumir, con responsabilidade e capacidade para a toma de decisións, o futuro da compañía e a súa xestión no día a día.
Os contidos do programa estrutúranse en 6 grandes temáticas:
|
1. A orientación ao mercado e o cliente |
|
2. A dirección dende unha perspectiva global |
|
3. Innovación, procesos e tecnoloxías |
|
4. As persoas na organización |
|
5. O soporte económico-financeiro |
|
6. O desenvolvemento persoal do directivo |
Os profesores son profesionais que proporcionan unha dilatada experiencia directiva e docente.
A formación levarase a cabo na Ronda de Nelle, 31, lugar onde se sitúa a Escola de Emprendemento (instalacións da Escola de Negocios Novacaixagalicia) utilizando os diferentes espazos perfectamente habilitados, necesarios para desenvolver este programa que inclúe traballo grupal simultáneo.
Se te desexas informar, chámanos ao 981 185 037. Agardámoste!
A Escola de Emprendemento no barrio da Agra do Orzán forma parte do Proxecto URBANA C (Proxecto Integral de Rexeneración Urbana de Agra do Orzán, A Coruña) posto en marcha polo Concello da Coruña e cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea para proxectos de Desenvolvemento Local e Urbano.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible